A ONU aproba cunha gran maioría o primeiro tratado sobre comercio de armas. 154 países votaron a favor, 3 en contra e 23 abstivéronse.
Fálase
O Irish Times relata a publicación das fotografías de Feijóo con Marcial Dorado e subliña que poden afectar ás súas "ambicións" políticas.
O PP volve convocar a prensa para seguir mañá unha intervención de Mariano Rajoy a través dunha pantalla. O presidente do Goberno central non comparece en territorio español ante a prensa dende o pasado 28 de decembro.
A prensa alemá tamén se fai eco das fotografías de Feijóo co narco Marcial Dorado. O Süddeutsche Zeitung ofrece a información baixo o título De vacacións co narcotraficante
O edificio Conde de Fenosa da Coruña non será derrubado. O TSXG declara "inexecutable" a demolición do inmoble, malia que unha sentenza de 2001 obrigaba á súa derruba.
A rexión das Landas cifra en 100 millóns de euros as perdas polo Prestige no sector turístico. Así o asegurou un representante do goberno local no xuízo pola catástrofe marítima. Asegura que o turismo descendeu un 20% tras a marea negra.
O PP acepta que Feijóo compareza no Parlamento sobre as súas fotos con Marcial Dorado a cambio de suprimir a sesión de control ao presidente nese mesmo pleno, segundo vén de avanzar o voceiro do BNG, Francisco Jorquera. Toda a información, esta mañá en Praza.
Esta madrugada faleceu o director Jesús Franco, pioneiro do cinema español de serie B e autor de máis de 200 filmes
Henrique Mariño escribe en Público un retrato de Noelia Moreno, portavoz da acampada en Sol, soltera, nai e dous anos no paro
Le Monde faise eco das fotos "comprometedoras" de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado. Onte xa as recollera tamén o italiano Corriere della Sera