O chantadino Francisco González, presidente de BBVA, anuncia a súa xubilación. Foi o encargado de privatizar Argentaria por orde de Aznar e non logrou facerse coas antigas caixas galegas, que foron parar ao venezolano Banesco.

O chantadino Francisco González, presidente de BBVA, anuncia a súa xubilación. Foi o encargado de privatizar Argentaria por orde de Aznar e non logrou facerse coas antigas caixas galegas, que foron parar ao venezolano Banesco.
A ministra de Facenda espera que Pedro Duque aclare se tivo unha sociedade para eludir impostos. Pablo Iglesias solicitoulle xa explicacións ao Goberno de Pedro Sánchez, que afirma que "non hai caso" e que anuncia que o ministro de Ciencia e Innovación ofrecerá unha rolda de prensa
Un xulgado obriga ao Concello da Coruña a retirar a bandeira republicana da Casa Casares Quiroga. O contencioso-administrativo estima a demanda do Goberno central e acusa a administración local de "infrinxir o ordenamento xurídico" porque debe "actuar con obxectividade e imparcialidade" nos edificios municipais. Cóntao La Opinión.
Acordo no Congreso para que as pensións se revisen en función da evolución dos prezos. Está a contalo eldiario.es
A USC celebra este xoves o 75 aniversario do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. O 27 de setembro de 1943 o astrónomo de Lalín foi nomeado director deste centro de investigación, dirixido dende 1986 por José Ángel Docobo
ÚLTIMA HORA | Crise de Goberno: Feijóo aproba a saída de Mato e Rey Varela e volve separar as consellerías de Educación e Cultura. Consulta aquí toda a información dos cambios no Executivo galego.
Un xuíz procesa o actor Guillermo Toledo por ofender os "sentimentos relixiosos" ao escribir que "caga" en Deus e na Virxe. (Imaxe: Álvaro Vega / Carne Cruda)
Catro asasinatos por violencia machista en apenas 24 horas en Castellón, Bilbao e Granada suscitan numerosas mostras de repulsa e poñen o foco nas eivas do sistema de protección ás mulleres que padecen estas agresións. En Galicia diversos concellos desenvolven concentracións durante este mércores.
Ciudadanos proclama que "o castelán desapareceu en Galicia" e agrega que "ninguén o pode negar". Afirmouno a través do seu deputado Toni Cantó durante a defensa dunha proposición de lei -rexeitada por 176 votos en contra fronte a 168 a prol- coa que o partido pretendía prohibir que coñecer galego, catalán ou euskera sexa preciso para ter un emprego público nos territorios onde se falan estes idiomas. Podes consultar aquí datos reais recentes sobre o uso do galego.
Medra a presión de PP, Ciudadanos e Podemos cara á ministra de Xustiza, Dolores Delgado, polas gravacións dunha conversa no ano 2009 nun encontro no que tamén participa o ex-comisario José Manuel Villarejo, considerado peza clave das cloacas do Estado.