Alerta laranxa por temporal costeiro desde esta tarde e ata a tarde do luns no litoral da Coruña por ondas e vento e amarela no resto da costa galega.

Alerta laranxa por temporal costeiro desde esta tarde e ata a tarde do luns no litoral da Coruña por ondas e vento e amarela no resto da costa galega.
Esta madrugada deuse por extinguido un incendio que afectou a 24 hectáreas en Vilamartín de Valdeorras. [Imaxe: @BMarroxo]
A USC co-financiará os custos de acceso a internet do seu alumnado durante o estado de alarma. Dirixido a alumnado de titulacións oficiais de grao e mestrado, a medida busca garantir o acceso ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a actividade académica e poderá solicitarse dende o luns 30.
A cantante Andrea Pousa ofrece este domingo, ás 18.00 horas, un concerto polas redes sociais. Artistas de todo tipo, como a tomiñesa, están a empregar internet como vía de difusión cultural malia o confinamento polo coronavirus.
2,7 toneladas de cocaína intervidas nunha operación antidroga na Ría de Arousa, segundo conta Pontevedra Viva. Tras unha persecución de dúas planadoras, unha quedou encallada preto de Cambados e outra foi trasladada ao porto do Grove. [Imaxe: M.González]
A Universidade de Santiago remata a fabricación dos primeiros 1.000 botes de xel desinfectante contra o coronavirus está a fabricar para a sanidade pública. A USC está a producir 9.000 litros deste produto por encargo do Sergas.
A Ribeira Sacra será candidata á distinción como Patrimonio Mundial da Unesco en 2021. A institución vén de confirmar que esta é unha das candidaturas que serán defendidas ante a 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial.
Morre Dositeo Rodríguez, conselleiro con Manuel Fraga, tras ser diagnosticado de coronavirus. Nacido en 1935, foi titular da Consellería de Presidencia entre 1990 e 1999, vicepresidente da Deputación da Coruña, membro do Consello de Contas e patrón da Fundación Cela, posto ese último no que hai uns meses foi absolto de malversación.
Luar Na Lubre publica ‘Benvido’, primeiro sinxelo do seu novo disco e no que colabora Miguel Ríos.
Abanca merca as accións de Banco Sabadell e Caixabank en Nueva Pescanova e disponse a "tomar o control" da compañía cun 80,46% da propiedade. O banco asegura que prevé procurar "un socio industrial" que "permita construír un proxecto a longo prazo" e manter, en calquera caso, unha parte "importante" do accionariado. A entidade 'herdeira' das desaparecidas grandes caixas galegas leva acumulados uns beneficios duns 3.000 millóns de euros.