O Concello da Coruña presenta a programación do Entroido e os carteis da festa, inspirados en disfraces habituais da festa choqueira e en personaxes populares. O concello de Santiago tamén presentou este luns os actos do Entroido e o Meco deste ano.
Fálase
A columna de fume que sae da refinaría de Repsol na Coruña é atribuída pola empresa á activación dun mecanismo de seguridade tras unha “parada imprevista” das súas instalacións. A empresa fala nun comunicado dun “fallo eléctrico” de “causas todavía descoñecidas”.
A Fiscalía pide non xulgar o PP no caso dos ordenadores de Bárcenas e absolver os demais acusados. Nesta peza contamos hai un tempo que é o 'método Gutmann' ou por que o PP borrou 35 veces os discos duros.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade inicia a campaña #NomearmosEnLila, co obxectivo de promover a feminización dos rueiros, nomes de edificios, institucións, asociacións e centros educativos. Destacan que na Mariña, entre 46 centros públicos, só un ten nome de muller: O IES María Sarmiento de Viveiro. A situación é semellante no rueiro de case todas as cidades e vilas
Aprobados inicialmente os orzamentos do Concello de Lugo tras non rexistrarse moción de censura contra a alcaldesa. O Boletín Oficial da Provincia ten que publicar agora as contas que a socialista Lara Méndez ligou a unha cuestión de confianza como paso previo a súa aprobación definitiva tras o período de alegacións. Un eventual goberno alternativo pasaba necesariamente por un pacto do PP coa esquerda.
A Audiencia Nacional autoriza que Díaz Ferrán, ex-presidente da patronal, saia do cárcere por bo comportamento. O empresario xestionaba os autobuses urbanos de Santiago pero en 2010, pouco antes da quebra das súas empresas, vendeullos en secreto a Raúl López, dono de Monbus.
Puigdemont pedirá permiso ao xuíz para acudir á investidura. O Tribunal Constitucional obrigouno a entregarse á xustiza se quere ser investido president.
O Tribunal Constitucional rexeita pronunciarse sobre o recurso do Goberno pero decide impedir a investidura de Carles Puigdemont se el non está presente no Parlament. Os maxistrados toman a decisión tras varias horas de debate. Ampliamos a información aquí.
As cinzas de Man de Camelle repousan xa na súa casa museo. Manfred Gnädinger faleceu en 2002 un mes despois do afundimento do Prestige.
O alcalde de Vigo confirma que tras a súa remodelación a Gran Vía contará cun pezseto, similar ao dinoseto da Porta do Sol. “Vai ser fantástico”, valorou Abel Caballero, que se preguntou “por que delante do Guggenheim puxeron aquel adorno vexetal?, porque lles pareceu ben, pois a nós pásanos o mesmo”, conta vigoé.es. Ese modelo decorativo comezou a estenderse pola cidade hai algo máis dun ano, coincidindo co 25 aniversario da morte do mono Paco de Leri.