O fiscal xeral renuncia tras a condena do Supremo antes de que se execute a súa inhabilitación. Álvaro García Ortiz comunica a súa dimisión ao Goberno de España, que pon en marcha o proceso para un novo nomeamento na institución.
O fiscal xeral renuncia tras a condena do Supremo antes de que se execute a súa inhabilitación. Álvaro García Ortiz comunica a súa dimisión ao Goberno de España, que pon en marcha o proceso para un novo nomeamento na institución.
O Tribunal Supremo modificou a acusación contra o fiscal xeral catro veces antes de condenalo. A Sala avalou en dúas ocasións a licitude do desmentido oficial da mentira do mozo de Ayuso, pero finalmente incluíuno entre os indicios contra García Ortiz.
O borrador final da COP30 evita mencionar a folla de ruta sobre combustibles fósiles. A UE apoia o documento pero critica a falta de ambición dun texto que fixa como meta limitar o aumento da temperatura a 1,6º e protexer os ecosistemas.
A Xunta detecta catro novos focos de gripe aviaria en aves silvestres en Sanxenxo, Ortigueira, Cee e A Pobra. Trátase de especies de gaivotas e dun mascato. Non hai ningún caso rexistrado en aves de curral.
As novas películas de Ángel Santos e Anxos Fazáns, premiadas no Festival de Xixón. Así chegou a noite e As liñas descontinuas foron galardoadas como mellor dirección e mellor guión respectivamente.
O grupo Histagra finaliza a exhumación en Teo dos corpos de catro guerrilleiros da resistencia antifranquista asasinados en 1948. Os traballos foron levados a cabo con fondos estatais de Memoria Democrática. Foto: Tempos Arqueólogos.
A policía detén o ex-presidente do Brasil Jair Bolsonaro, que permanecía en arresto domiciliario. O ex-mandatario de extrema dereita foi condenado o pasado mes de setembro a 27 anos de cadea por intento de golpe de Estado tras perder as eleccións. Foto: CC-BY-SA Isac Nóbrega/PR
Wonderland, a exposición que repasa a obra da fotógrafa Annie Leibovitz, abre este sábado ao público na Coruña. A Fundación Marta Ortega organiza no seu espazo do porto coruñés a primeira gran retrospectiva no Estado da icónica artista, que poderá visitarse ata o vindeiro 1 de maio.
Trump dá a Ucraína un ultimato para que acepte o seu plan de paz antes do vindeiro xoves. Zelenski lamenta que o seu país poida ter que decidir entre "perder a dignidade ou arriscarse a perder un aliado clave" e lembra que o plan de 28 puntos cruza algunhas liñas vermellas, como ceder o Donbás ou renunciar á despregadura da OTAN.
Miguel Tellado denuncia a "utilización política dos medios públicos", aos que acusa de "atacar o Poder Xudicial". "Preocúpame que desde unha canle pública, pagada cos impostos de todos os españois, se fale de golpismo xudicial", dixo intervindo ao vivo en TVE durante unha entrevista coa xornalista Silvia Intxaurrondo, á que criticou, no programa La Hora de la 1.