As novas películas de Ángel Santos e Anxos Fazáns, premiadas no Festival de Xixón. Así chegou a noite e As liñas descontinuas foron galardoadas como mellor dirección e mellor guión respectivamente.
As novas películas de Ángel Santos e Anxos Fazáns, premiadas no Festival de Xixón. Así chegou a noite e As liñas descontinuas foron galardoadas como mellor dirección e mellor guión respectivamente.
O grupo Histagra finaliza a exhumación en Teo dos corpos de catro guerrilleiros da resistencia antifranquista asasinados en 1948. Os traballos foron levados a cabo con fondos estatais de Memoria Democrática. Foto: Tempos Arqueólogos.
A policía detén o ex-presidente do Brasil Jair Bolsonaro, que permanecía en arresto domiciliario. O ex-mandatario de extrema dereita foi condenado o pasado mes de setembro a 27 anos de cadea por intento de golpe de Estado tras perder as eleccións. Foto: CC-BY-SA Isac Nóbrega/PR
Wonderland, a exposición que repasa a obra da fotógrafa Annie Leibovitz, abre este sábado ao público na Coruña. A Fundación Marta Ortega organiza no seu espazo do porto coruñés a primeira gran retrospectiva no Estado da icónica artista, que poderá visitarse ata o vindeiro 1 de maio.
Trump dá a Ucraína un ultimato para que acepte o seu plan de paz antes do vindeiro xoves. Zelenski lamenta que o seu país poida ter que decidir entre "perder a dignidade ou arriscarse a perder un aliado clave" e lembra que o plan de 28 puntos cruza algunhas liñas vermellas, como ceder o Donbás ou renunciar á despregadura da OTAN.
Miguel Tellado denuncia a "utilización política dos medios públicos", aos que acusa de "atacar o Poder Xudicial". "Preocúpame que desde unha canle pública, pagada cos impostos de todos os españois, se fale de golpismo xudicial", dixo intervindo ao vivo en TVE durante unha entrevista coa xornalista Silvia Intxaurrondo, á que criticou, no programa La Hora de la 1.
O consello de goberno da UDC aproba por unanimidade o texto do convenio para a descentralización da docencia clínica de Medicina. O reitor, Ricardo Cao, destaca que o acordo "recolle as principais exixencias" da universidade coruñesa e que é "ambicioso, detallado e minucioso", ao contrario que o de 2015.
As esculturas do Mestre Mateo espoliadas polos Franco volverán a Santiago o 11 de decembro e exporanse no Museo do Pobo Galego. A alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, sinala nun vídeo divulgado este xoves que o 20N, aniversario da morte do ditador, é "un día magnífico" para anunciar o retorno dende Meirás das pezas que o Concello de Santiago conseguiu recuperar tras un longo litixio xudicial contra os herdeiros do xeneral golpista. Na imaxe, as esculturas procedentes da composición orixinal do Pórtico da Gloria, no Pazo de Meirás.
O Tribunal Supremo condena o fiscal xeral do Estado a dous anos de inhabilitación por revelación de segredo. O alto tribunal fai responsable a Álvaro García Ortiz da filtración que concretou que o noivo da presidenta Ayuso quería pactar coa Fiscalía admitindo unha fraude fiscal.
Jordi Turull, secretario xeral de Junts per Catalunya e María Dolores Etxano, senadora do PNV, debaten no serán deste xoves na Facultade de Historia de Santiago (19h30) sobre As nacionalidades históricas como contrapeso ao centralismo por convite do Partido Galego, representado na conferencia polo seu secretario xeral, Anxo Franco, e Aarón Pousada, das súas mocidades.