As esculturas do Mestre Mateo espoliadas polos Franco volverán a Santiago o 11 de decembro e exporanse no Museo do Pobo Galego. A alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, sinala nun vídeo divulgado este xoves que o 20N, aniversario da morte do ditador, é "un día magnífico" para anunciar o retorno dende Meirás das pezas que o Concello de Santiago conseguiu recuperar tras un longo litixio xudicial contra os herdeiros do xeneral golpista. Na imaxe, as esculturas procedentes da composición orixinal do Pórtico da Gloria, no Pazo de Meirás.