Detido o presidente da Deputación de Almería pola compra irregular de máscaras contra a COVID. Xunto co presidente, Javier Aureliano, tamén foron detidos o seu vicepresidente e un alcalde, todos do PP. [Imaxe: Deputación de Almería]
Detido o presidente da Deputación de Almería pola compra irregular de máscaras contra a COVID. Xunto co presidente, Javier Aureliano, tamén foron detidos o seu vicepresidente e un alcalde, todos do PP. [Imaxe: Deputación de Almería]
A actriz María Vázquez gaña o XXIII Premio Ramón Piñeiro Facer País, que concede a Asociación Cultural Val de Láncara. "Representa con claridade os valores do premio: a defensa activa da lingua galega, o compromiso coa cultura galega, a posta en valor do rural e a proxección internacional do noso país desde unha óptica propia e sen renuncias", salienta a organización do galardón, que deu a coñecer o seu ditame este luns no Consello da Cultura Galega. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, eloxia o Premio Ramón Piñeiro como "un modelo de pluralidade e de traballo pola cohesión do territorio". A protagonista de Matria recibirá a distinción o vindeiro día 29 na Pobra de San Xiao de mans da anterior premiada, Yolanda Díaz Gallego. Na imaxe, María Vázquez durante unha entrevista no Vinte Almorzando de VINTE.
CIG-Saúde amplía aos días 27 e 28 de novembro a folga na atención primaria prevista para o día 26. O sindicato maioritario na sanidade galega di que toma a decisión "despois de escoitar a súa afiliación" e para "expresar o malestar das traballadoras e traballadores coa situación actual e demandar a Sanidade a posta en marcha de medidas concretas" para paliar os seus problemas. O sindicato O'Mega xa convocara folga para eses mesmos tres días.
Miles de manifestantes, en Belém, contra o "racismo ambiental". Unhas 70.000 persoas, segundo a organización, participaron este sábado na manifestación convocada en Belém (Brasil) contra a 30ª Conferencia das Partes de Nacións Unidas Contra o Cambio Climático (COP30), convocada polo Cumio dos Pobos baixo a lema 'Desde o Amazonas para o mundo: Fin da desigualdade e do racismo ambiental. Xustiza climática xa'.
Imaxe [@Lubertino]
Pontón defende un aumento do 50% no financiamento para facilitar o retorno da colectividade galega na emigración. “Galiza é un país de acollida e cun gran potencial que precisa man de obra en moitos dos nosos sectores produtivos: no sector mar-industria, no sector agrogandeiro, no sector da construción e dos servizos. E desde o BNG propoñemos unha Galiza aberta e inclusiva, onde todos os galegos da emigración son benvidos”, subliñou no centro Galiza de Bos Aires.
Besteiro chama a erguer Galicia fronte á onda reaccionaria. O secretario xeral do PSdeG abriu o Comité Nacional Galego cunha mensaxe de alerta e esperanza ante un momento político “extraordinariamente difícil”, marcado polo avance da ultradereita, a crispación organizada e o aumento das desigualdades. E advertiu de que o avance da ultradereita en España e en Europa está arrastrando tamén ao PP “a posicións cada vez máis radicais”.
A pianista compostelá Isabel Dobarro gaña o Grammy Latino ao mellor álbum de música clásica por Kaleidoscope, no que percorre obras de compositoras contemporáneas de todo o mundo. Interpretarao o vindeiro día 26 no Auditorio de Galicia, en Santiago. Imaxe promocional da súa participación nos prestixiosos galardóns.
Elena Vázquez e Manuel Gago, recoñecidos na primeira edición dos premios á divulgación científica da USC. A profesora de Matemáticas impúxose na modalidade relativa á traxectoria divulgadora, mentres que o profesor de Ciencias da Comunicación gañou na categoría centrada no emprego de formatos emerxentes para atraer novos públicos.
O alcalde de Lugo, novo presidente do Eixo Atlántico. Miguel Fernández foi elixido para encabezar por dous anos a entidade que xunta concellos galegos e do norte de Portugal durante a súa Comisión Executiva, celebrada no consistorio lucense no marco das conmemoracións do vixésimo quinto aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, o 30 de novembro do 2000. Substitúe no cargo a Luís Nobre, alcalde de Viana do Castelo, que de agora en diante exercerá a vicepresidencia. Na imaxe, Fernández e Nobre, este xoves na Casa do Concello de Lugo. [Imaxe: Eixo Atlántico]
O comisario de Pesca da UE traslada ao PSdeG que o veto ao palangre podería ser retirado en 2026 polo seu "baixo impacto" sobre o solo mariño. Nunha xuntanza co secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, Costas Kadis avanza a posibilidade de que esta arte quede fóra do regulamento que restrinxe a pesca en 87 zonas zonas sensibles no nordeste do océano Atlántico.