O alcalde de Lugo, novo presidente do Eixo Atlántico. Miguel Fernández foi elixido para encabezar por dous anos a entidade que xunta concellos galegos e do norte de Portugal durante a súa Comisión Executiva, celebrada no consistorio lucense no marco das conmemoracións do vixésimo quinto aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, o 30 de novembro do 2000. Substitúe no cargo a Luís Nobre, alcalde de Viana do Castelo, que de agora en diante exercerá a vicepresidencia. Na imaxe, Fernández e Nobre, este xoves na Casa do Concello de Lugo. [Imaxe: Eixo Atlántico]