🔴O Goberno de España decreta o confinamento de todas as explotación de aves de curral que se crían ao aire libre pola gripe aviaria. Aumenta as medidas de prevención ante a expansión da doenza.
🔴O Goberno de España decreta o confinamento de todas as explotación de aves de curral que se crían ao aire libre pola gripe aviaria. Aumenta as medidas de prevención ante a expansión da doenza.
Feijóo defende que o rei emérito eloxie a Franco. Tras publicarse o libro biográfico de Juan Carlos I, no que eloxia ao ditador, Sánchez dixo este mércores no Congreso que lle resulta "doloroso nun país onde hai familias que aínda buscan restos dos seus familiares". Feijóo criticouno por "censurar a un xefe do Estado" e dixo que el será "leal ás institucións do Estado". [Foto: CC-BY-SA Xunta]
Un Xulgado de Lugo multa con 270 euros un home por realizar un "acto de natureza sexual" cunha vaca. O departamento de comunicación do TSXG divulga a sentenza salientando que o considera autor dun delito leve de malos tratos animais e destaca o que supuxo "un menoscabo e unha humillación para a vaca".
O comité dos medios públicos galegos sinala a "insoportable manipulación informativa" como causa das baixas audiencias da TVG e insta a dirección a "asumir a súa responsabilidade". A representación laboral advirte dunha "programación afastada da pluralidade social" como un dos factores que explican os datos "en mínimos históricos".
A borrasca Claudia deixa máis dun cento de incidencias de noite en Galicia, con caídas de árbores e tendido eléctrico, inundacións e ventos por riba dos 130 quilómetros por hora. Gran parte de Galicia permanece en alerta amarela por vento e chuvia este mércores. Foto: Protección Civil de Porto do Son.
Tellado descualifica a televisión pública como unha "especie de NO-DO ao servizo do César" onde o "exercicio de manipulación" é realizado "sen ningún pudor" e "tratando de estúpidos" aos espectadores, comezando "dende moi cedo" e "ata o último dos programas". O secretario xeral do PP referiuse deste xeito a RTVE e asegurou que, no caso de que o seu partido gobernase no Estado, a corporación si cumpriría "canons de servizo público". [Imaxe: © PP]
Volven The Homens! Despois da súa actuación no festival Psicotroita de Sigüeiro o pasado mes de setembro, o trío compostelán regresa ás salas cunha actuación na Sala Mardi Gras da Coruña que promete continuidade. Será o venres 21 de novembro, con entradas xa á venda.
📺 Vinte en Folgoso do Courel: “Se se esgota un plan de vida, tes que inventar outro”. Na nova entrega do Vinte na vila o son da chuvia mestúrase coa voz da veciñanza do Courel, a paisaxe e a identidade. A reportaxe, elaborada por Ana G. Liste con Xarda a cargo da montaxe audiovisual, xa está dispoñible para ler e ver en VINTE dentro da serie apoiada por Caixa Rural Galega.
O PP español vota na Eurocámara contra a redución dun 90% das emisións contaminantes ata 2040 -en comparación con 1990-, aliñándose coa ultradereita e en contra da postura maioritaria do grupo popular europeo. O PP de Feijóo uniu os seus votos ao partido de Meloni, ao de Le Pen ou a Vox contra unha iniciativa que así e todo saíu adiante na Comisión de Medio Ambiente grazas á maioría dos populares canda formacións da esquerda e liberais. Pasa ao pleno do Parlamento Europeo, onde tamén se prevé que quede aprobada. Na imaxe [© Parlamento Europeo], un intre da votación.
A poboación de Galicia aumenta en case seis mil persoas no último trimestre e chega a 2.726.314 habitantes, o máximo dende 2015. A cifra aumentou en quince mil persoas nos últimos doce meses grazas á inmigración.