O PP español vota na Eurocámara contra a redución dun 90% das emisións contaminantes ata 2040 -en comparación con 1990-, aliñándose coa ultradereita e en contra da postura maioritaria do grupo popular europeo. O PP de Feijóo uniu os seus votos ao partido de Meloni, ao de Le Pen ou a Vox contra unha iniciativa que así e todo saíu adiante na Comisión de Medio Ambiente grazas á maioría dos populares canda formacións da esquerda e liberais. Pasa ao pleno do Parlamento Europeo, onde tamén se prevé que quede aprobada. Na imaxe [© Parlamento Europeo], un intre da votación.
- Galicia rexistrou o verán máis cálido dende que hai datos comparables
- HEMEROTECA | A fin do carbón e o parón de Alcoa reducen un 24% as emisións de gases de invernadoiro na industria galega
- HEMEROTECA | A Xunta presenta o cambio climático como unha oportunidade para o turismo
- HEMEROTECA | O Goberno galego súmase aos discursos da dereita europea contra as medidas para atallar o cambio climático