Tellado descualifica a televisión pública como unha "especie de NO-DO ao servizo do César" onde o "exercicio de manipulación" é realizado "sen ningún pudor" e "tratando de estúpidos" aos espectadores, comezando "dende moi cedo" e "ata o último dos programas". O secretario xeral do PP referiuse deste xeito a RTVE e asegurou que, no caso de que o seu partido gobernase no Estado, a corporación si cumpriría "canons de servizo público". [Imaxe: © PP]
- HEMEROTECA | A UE obriga a mudar leis dos medios públicos como a que vén de impor o PP en Galicia
- HEMEROTECA | Segunda dirección dos medios públicos do PP dende 2009 tras trece anos a esquivar a lei
- HEMEROTECA | Recrúa a folga na CRTVG e o PP alerta de "control" gobernamental en RTVE
- HEMEROTECA | Non é Tellado, é Feijóo