BNG, ERC e EH Bildu reclaman a ruptura coa monarquía e aseguran que "non haberá democracia mentres a xefatura do Estado non sexa elixida polo pobo". As tres formacións emiten un comunicado conxunto no 50º aniversario da morte de Franco no que consideran a monarquía "unha institución anacrónica e incompatible cos principios democráticos esenciais" e lembran que foi "imposta polo ditador a dedo".