Jordi Turull, secretario xeral de Junts per Catalunya e María Dolores Etxano, senadora do PNV, debaten no serán deste xoves na Facultade de Historia de Santiago (19h30) sobre As nacionalidades históricas como contrapeso ao centralismo por convite do Partido Galego, representado na conferencia polo seu secretario xeral, Anxo Franco, e Aarón Pousada, das súas mocidades.