Pedro Sánchez visita en Francia as tumbas de Manuel Azaña e Antonio Machado como homenaxe a ambos persoeiros falecidos no exilio.

Pedro Sánchez visita en Francia as tumbas de Manuel Azaña e Antonio Machado como homenaxe a ambos persoeiros falecidos no exilio.
Polémica en Portugal pola suposta presenza dun oso na Serra do Barroso, veciña do concello ourensán de Baltar, 150 quilómetros ao suroeste da poboación estable coñecida máis próxima desa especie, nos Ancares. O oso pardo desapareceu de Portugal, do Gerês, hai máis de século e medio e nos últimos anos só foi detectado fóra da zona dos Ancares puntualmente no Courel.
O Goberno central busca cumprir por decreto unha das súas grandes apostas e elevar o permiso de paternidade a 16 semanas
A plataforma Galiza, un futuro sen carbón cualifica como "pouco ambicioso" o plan contra o cambio climático presentado este venres polo Goberno central. O programa adiaría o peche da central térmica das Pontes ata 2030. A plataforma reclama a clausura desta instalación no ano 2025.
O Supremo avala a anulación en 2016 por parte do TSXG, a petición de Galicia Bilingüe, de parte da ordenanza de uso do galego no Concello de Lugo. O alto tribunal, en contra do recorrido polo Concello, considera que aquela primeira sentenza estaba argumentada cando considerou que a ordenanza daba de lado o castelán.
Vox pide ao Parlamento andaluz os nomes dos funcionarios que avalían os casos de violencia machista. O portavoz da formación nesa Cámara, o xuíz Francisco Serrano, quere “depurar” aos traballadores polos seus “motivos ideolóxicos”.
A partir de maio todos os vehículos de alugueiro con condutor (VTC) de Galicia deberán levar obrigatoriamente estes autoadhesivos, cos que a Xunta busca impedir a competencia desleal de compañías como Cabify, que xa opera na Coruña. Galicia ten xa 1 VTC por cada 9 taxis, o triplo do máximo permitido pola lei.
Suspendida a cotización de Abanca por unha posible OPA sobre Liberbank. 'Expansión' anunciou que a entidade galega media mercar o banco fundado por CajAstur, Caja Cantabria e Caja Extremadura.
Increméntase o risco de ruptura na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ao fracasar a aprobación dos novos estatutos da entidade. Os empresarios da Coruña e de Lugo, por un lado, e de Pontevedra e de Ourense, polo outro, manteñen posicións afastadas en varios asuntos.
Moitas persoas lamentaron nas últimas horas nas redes sociais o peche de Andel, unha das últimas librarías de obras en galego na cidade de Vigo. O establecemento, que fará liquidación ata o 30 de marzo, fixo o anuncio no Día Internacional da Lingua Materna