Sabela acadou esta noite un posto na final de Operación Triunfo cantando en galego. Nacida en Ourol e residente nas Pontes, a súa interpretación de "Negro Caravel", de Rosa Cedrón, converteuna na máis votada polo público. VINTE estivo seguindo a gala en directo
Fálase
A axencia Europa Press e o Diario de Mallorca querélanse contra o xuíz que ordenou incautar material nas súas sedes, transgredindo o segredo profesional a respecto de informacións sobre un caso de corrupción en Baleares.
A dereita estaría ao bordo da maioría absoluta no Congreso en caso de eleccións xerais, segundo unha enquisa que publica eldiario.es, na que o PSOE resiste como forza máis votada por escasa marxe.
Mäis de 2.000 persoas participaron no referendo sobre a monarquía na Universidade da Coruña. Case o 90% dos votantes optou por instaurar unha República e "abrir procesos constituíntes" nunha das varias consultas organizadas este mércores en Galicia.
Aprazada a sesión deste mércores da comisión de investigación sobre Angrois no Congreso. A demora que acumula o Pleno da Cámara impide que poidan comparecer na comisión Teófilo Serrano, que foi presidente de Renfe co PSOE, e Mario Garcés, subsecretario de Fomento co PP. As comparecencias retomaranse o próximo mércores para encarar a súa recta final, que rematará coas de José Blanco e Ana Pastor xa en xaneiro.
O xulgado admite a trámite a demanda da Fiscalía contra Audasa polo cobro abusivo de peaxes durante as obras en Rande. O xuíz dá dous meses aos afectados interesados para que se persoen na causa pero sinala que non facelo agora non impedirá que posteriormente poidan facer valer os seus dereitos segundo o que sinale a sentenza.
O Goberno central aprobará a suba do salario mínimo a 900 euros no Consello de Ministros que celebrará o día 21 en Barcelona, marcado polo aniversario das eleccións celebradas baixo o artigo 155 e entre unha forte tensión entre o Executivo de Sánchez e o Govern da Generalitat. Así o anunciou Pedro Sánchez na súa comparecencia deste mércores no Congreso. Esta suba era parte do acordo orzamentario con Unidos Podemos, pero non depende directamente dos orzamentos. (Imaxe: Goberno de España)
A primeira ministra británica enfróntase esta tarde a unha moción de non confianza -semellante á de censura, pero interna do partido- promovida por membros do seu propio partido. Se a perde, o Partido Conservador elixirá novo liderado e Theresa May estará próxima á saída do poder no Goberno do Reino Unido. Se a gaña, fica blindada no posto cando menos durante un ano.
A Rede de Colexios de Xornalistas rexeita o "ataque directo ao segredo profesional dos xornalistas" en Baleares, onde profesionais de Europa Press e Diario de Mallorca foron instados a revelar fontes e documentación dun caso de corrupción que atinxe a un relevante empresario do lecer nocturno nas illas, con diversas pólas políticas. (Imaxe da redacción do Diario de Mallorca).
A Policía admite ante o xuíz que durante o Goberno de Rajoy pagaron a informadores para espiar a Luis Bárcenas. Cóntao eldiario.es