“Mesquindade” ou “patraña” son algunhas das respostas dos Franco ao Concello de Santiago tras reclamarlles as estatuas do Mestre Mateo. Os herdeiros aseguran ante o xulgado que estuda o caso que as figuras foron mercadas a un anticuario, avanza Europa Press na súa web.
