Cospedal insiste ante o rei de España na campaña do PP contra as noticias falsas: "É un novo campo de batalla". Os populares teiman nunha campaña destinada a erradicar unha suposta inxerencia estranxeira.
Fálase
O segundo premio do Neno cae na Coruña, Ferrol, Burela, Vilalba, Guitiriz e O Porriño. O número 5.685 foi agraciado co Gordo, dotado con 2 millóns de euros por serie
A Xunta desestima as alegacións das navieiras das Cíes e múltaas con 930.000 euros por sobrevenda de billetes
O Supremo mantén a Oriol Junqueras na cadea. Os xuíces do tribunal deciden por unanimidade non corrixir a decisión do maxistrado que ordenou o encarceramento do líder de ERC.
O Supremo mantén a Oriol Junqueras na cadea. Os xuíces do tribunal deciden por unanimidade non corrixir a decisión do maxistrado que ordenou o encarceramento do líder de ERC.
La Región, El Correo Gallego e Atlántico Diario publican un artigo de opinión de Xabier Vila-Coia que pon en dúbida que o caso de "La Manada" se poida considerar unha violación. "Someteuse ou deixouse facer?", preguntase o autor, que engade que "a pasividade non necesariamente conleva sometemento" e afirma que neste tema "entran en xogo os prexuízos sexuais, ademais do interese por obter rédito político"
Multados cinco activistas en favor do referendo catalán por unha mobilización na Coruña. A sanción proposta para cada un deles é de 900 euros. Cóntao La Opinión.
Galicia tardará, ao ritmo actual, case cinco anos en recuperar o nivel de emprego que tiña en 2007. Aínda hai 97.060 postos de traballo menos que os que había antes da crise.
Case cinco millóns de traballadores e traballadoras non tiveron suba salarial nos últimos dez anos. Os incrementos foron menores nos convenios de empresa que nos de ámbito superior.
O número dous de Feijóo no PPdeG cualifica de "fracasada" á alcaldesa de Lugo por non superar a cuestión de confianza en pleno. Tellado faino despois de certificarse, coa postura de Lugonovo, que é practicamente imposible que o PP poida artellar un goberno alternativo, xa que pasaría obrigatoriamente por un pacto con Ciudadanos, pero tamén co BNG e mais ACE. Afirmouno nunha rolda de prensa sobre os plans do partido para 2018.