A organización xuvenil vasca Gazte Koordinadora Sozialista (GKS) reivindica nun vídeo a vandalización do busto de Manuel Fraga polo 50º aniversario dos sucesos de Vitoria. O PPdeG condena que "un grupo radical presuma" do acto e pide a BNG e PSOE "que se sumen á condena e non o avalen como parte da súa estratexia de conflito". O ex-presidente da Xunta era ministro de Gobernación no goberno de Franco cando a policía armada matou cinco folguistas nunha asemblea obreira.