A secretaria xeral de Igualdade afirma que "a situación actual da lei do aborto é adecuada" e chama a "respectar ás persoas, tomen a decisión que tomen" porque "cada persoa é dona do seu corpo". Susana López Abella retrucou deste xeito ás preguntas da prensa sobre a intención de Pablo Casado de derrogar a lei do aborto se tivese votos dabondo no Congreso para facelo. Recólleo El Progreso
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/image-gallery-7617-67fb3e8.jpeg)