Tres mortos e un desaparecido no afundimento dun pesqueiro en Fisterra. Salvamento Marítimo informa de que o 'Sin Querer 2' afundiu a 4,5 millas do cabo Fisterra, onde o dispositivo de salvamento e outros barcos próximos rescataron 6 persoas en dúas balsas. Na zona está activa unha alerta amarela por ondas de 4 a 5 metros. Ampliamos información neste espazo.
Fálase
Traballadores de Alcoa marchan desde Ribadeo cara á Veiga (Asturias) nunha xornada de folga nas factorías da Coruña e Avilés contra o peche das fábricas. Están apoiados tamén polo persoal de San Cibrao. Foto: @TraballadoAlcoa
Persoal da CRTVG concéntrase ante o Parlamento na xornada de folga de 24 horas nos medios públicos. Os traballadores sairán logo en manifestación por Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión". Foto: @ccoogalicia.
O detido pola morte de Laura Luelmo en Andalucía confesa o asasinato. Está a contalo eldiario.es (Imaxe: Mobilización contra a violencia machista, o pasado 25N -Gz Contrainfo-).
A Mesa do Congreso aproba tramitar o traspaso da AP-9 pola vía rápida coa única oposición de Ciudadanos, que votou en contra da tramitación urxente que solicitou En Marea. Os de Rivera xa optaran pola abstención no debate de toma en consideración da lei galega alegando que a AP-9 conecta con Portugal, o cal non é certo. Recólleo Faro de Vigo.
O pleno do Parlamento aproba os Orzamentos de 2019 cos votos do PP. Podes repasar aquí as principais cifras das contas públicas do vindeiro ano.
Carlos Meixide gaña o premio de novela Camiño de Santiago coa súa obra Camiños de paixón, que será editada por Galaxia.
A Zona Franca de Vigo, controlada agora polo PSOE, aproba mercarlle ao Concello por 5,6 millóns o edificio do antigo Reitorado, ao que trasladará a súa sede. Varias administracións intentaron nas últimas décadas obter máis visibilidade grazas a ese edificio, cuxo despacho principal fora amoblado pola daquela alcaldesa popular Corina Porro entre críticas de desbalde dos socialistas.
O PP pregunta no Congreso se o Goberno de Pedro Sánchez "respecta as tradicións de nadal dos españois" e mais sobre touradas e caza. (Imaxe: PP)