Pedro Sánchez quere que o PSOE admita no seu congreso que a abstención a Rajoy foi un erro. As emendas impulsadas polos seus afíns inclúen tamén críticas á xestión de Zapatero
Fálase
Pedro Sánchez quere que o PSOE admita no seu congreso que a abstención a Rajoy foi un erro. As emendas impulsadas polos seus afíns inclúen tamén críticas á xestión de Zapatero
A Assembleia de Portugal tramita unha lei para supeditar os pisos turísticos á autorización das comunidades de veciños. A proposición foi rexistrada polo PS, que sustenta o Goberno portugués co apoio do Bloco de Esquerda e o Partido Comunista. Cóntao Público. Os aloxamentos turísticos están a ser obxecto de controversia en Galicia pola nova regulamentación da Xunta e o conflito con Competencia.
A vaga de calor afecta a toda Galicia e con especial intensidade a Ourense, con valores próximos aos 40 graos. A predición de Meteogalicia para este xoves augura unha nova xornada de altas temperaturas.
Feijóo insta a oposición a "pedir desculpas" polas "cousas que dixeron" de Baltar tras o arquivo da acusación por acoso sexual e suborno contra o presidente da Deputación de Ourense. "Repúxose o respecto ao presidente dunha institución democrática, non podo máis que alegrarme", sinala o presidente da Xunta.
ÚLTIMA HORA | Arquivada a causa contra o edil de Culturas da Coruña polo cartel do Entroido. A Fiscalía pediu o arquivo da denuncia iniciada pola presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo e a xuíza aceptouno. Máis información, hoxe en Praza.
O presidente do Parlamento expulsa do pleno o vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, por protestar ante a intervención dunha deputada do PP no debate dunha iniciativa do PSdeG sobre o pagamento das pensións a emigrantes galegos en Venezuela.
O PP rexeita no Parlamento a ILP que buscaba blindar por lei o carácter público do Hospital de Montecelo, en Pontevedra. A iniciativa, apoiada por 11 mil sinaturas, foi defendida por Anxo Rincón, portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, que denunciou as "carencias" que presenta a área sanitaria pontevedresa.
Extinguido un incendio forestal en Melón tras queimar 36 hectáreas. O lume iniciouse nas últimas horas do luns e permaneceu activo ata a tarde do martes. En Dozón, outro incendio queimou 30 hectáreas.
A Xunta cifra nun 40% a porcentaxe de alumnos e alumnas que non realizaron as probas de reválida de 6º de Primaria e de 4º de ESO celebradas este martes, un dato que os sindicatos elevan ata o 80%.