O Básquet Coruña xogará hoxe no Fontes do Sar de Santiago o seu partido ante o F.C. Barcelona tras o peche do pavillón de Riazor por mor do temporal. O encontro disputarase ás 21:00 con entrada de balde.
Fálase
A Xustiza desestima a demanda interposta pola patronal de autobuses, Confebús, contra BlaBlaCar por presunta "competencia desleal". A sentenza conclúe que a app colaborativa simplemente pon en contacto a persoas, e sinala que non é un servizo de transporte e que polo tanto non debe estar rexida por esta regulamentación. O ditame permite que a compañía continúe operando en España de forma completamente legal.
Anticorrupción pide reabrir o caso da caixa B do PP polas revelacións do presunto líder da trama Gürtel
Os responsables de dúas discotecas da Coruña serán xulgados por impedir a entrada a persoas negras. Cóntao La Opinión. Nos últimos anos varias persoas e entidades denunciaran discriminación racial nestes locais.
Rachan as negociacións entre Marea Atlántica e PSOE para a aprobación dos orzamentos municipais. Este sábado ás 12.30 debaterase no pleno unha cuestión de confianza ligada ás contas para 2017. Toda a información, hoxe en Praza.
Un investigador da USC procura financiamento para un proxecto de rexeneración tras unha lesión medular. Vén de lanzar unha campaña de crowdfunding no portal Precipita da FECYT buscando acadar 10.000 euros para atopar un fármaco que permita a rexeneración axonal
O DOG publica este venres o primeiro convenio colectivo do sector das orquestras, acordado o pasado novembro e considerado "histórico" polos representantes do persoal.
O alcalde do Porto prevé aplicar unha taxa turística de dous euros por estancia no vindeiro mandato. Rui Moreira resalta que o obxectivo é que "turismo não assuma as mesmas proporções que teve em Barcelona e na Mouraria, em Lisboa", e lembra que na capital portuguesa a taxa rendeu 11,2 millóns de euros en dez meses, como informa o diario Público.
A Xunta suspende as actividades dos centros educativos ao aire libre a partir das 15:00, pero mantén as clases con normalidade. Así o detalla a Consellería de Educación.
O temporal deixa unha noite inzada de incidencias en Galicia. Entre as principais, avarías na rede ferroviaria que impediron circular o Alvia Santiago-Madrid e suspensións de trens no eixo atlántico pola caída dunha árbore nas vías en Ordes, así como estragos nas cubertas do estadio de Riazor, na Coruña. Case todo o litoral está hoxe en alerta vermella e en terra o aviso é laranxa. En 4gotas.com explican os detalles deste temporal.