ACTUALIZAMOS | Controlados os dous incendios de Soutomaior que ameazaron á poboación e que levan queimadas máis de 600 hectáreas. Seguen sen estar controlados outros oito lumes.
Fálase
Echenique recoñece "diferenzas importantes" con En Marea pero di que "intentarán un acordo até o final". O secretario de Organización de Podemos non pecha a porta a unha alianza co espazo de confluencia pero veo "complicado" e advirte que xa fixeron "cesións". Máis información, hoxe en Praza.
Aprobada definitivamente a Renda Social Municipal na Coruña cos votos da Marea Atlántica, PSdeG e BNG.
A Fiscalía advirte á Xunta Electoral que "Otegi é inelixible". Remitiu un informe para impedir que o dirixente abertzale concorra o 25S aos comicios vascos.
Todos os alcaldes do PSOE de Pontevedra, agás tres, envían unha carta a Ferraz para defender a lista provincial. Carmela Silva, Caballero e outros trece rexedores piden á Comisión Federal que non mude a candidatura.
Galicia, segunda comunidade con maior éxodo de poboación autóctona durante a crise. Entre 2009 e 2014 rexistráronse 112 saídas por cada 100.000 habitantes.
España medita demandar a aseguradora do Prestige en Londres. Cren que é a mellor opción para executar a sentenza e lograr 1.000 millóns de horas.
ACTUALIZAMOS | 4 incendios que suman 3.300 hectáreas manteñen risco para a poboación, en Santiago (parroquia de Fecha), Porto do Son (Baroña, Xuño e Caamaño), Arbo (Mourentán) e Crecente (Albeos).
Publicadas as listas provisionais para as primarias de En Marea. Nelas hai xente relevante de Podemos e varios deputados actuais de AGE.
Portugal recibe axuda internacional para combater os incendios. En Madeira o lume chegou á capital, Funchal, onde morreron tres persoas. No continente, os incendios máis próximos a Galicia van remitindo.