En 2018 o Día das Letras será festivo pero empresas e traballadores deben decidir como recuperalo. O Consello da Xunta valida o calendario laboral para o próximo ano, que terá 13 festivos á marxe dos dous que deciden os concellos. Ao ser un máis do permitido por lei, en cada empresa decidirase como compensar esas horas, como xa sucedeu en 2000, 2001 ou 2007.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/595e41800fbf5-festivos.jpg)