VÍDEO | Samba Sebor, o youtuber da Agra do Orzán que fai vídeos sobre a comunidade senegalesa da Coruña e cuestiona á veciñanza sobre o racismo. Unha reportaxe de Vinte

VÍDEO | Samba Sebor, o youtuber da Agra do Orzán que fai vídeos sobre a comunidade senegalesa da Coruña e cuestiona á veciñanza sobre o racismo. Unha reportaxe de Vinte
O número de Estados con permiso de paternidade aumenta case un 40% en nove anos. Unha información de eldiario.es
A Garda Civil detén varias persoas acusadas de estaren ligadas a sabotaxes violentas en sedes de institucións públicas, partidos e empresas atribuídas a 'Resistencia Galega', entre elas dúas fuxidas dende 2006. Segundo transcendeu, o operativo foi denominado como 'Operación Lusista'.
O Burela gaña a Copa da Raíña de fútbol sala tras vencer na final ao Futsi Atlético. As xogadoras do equipo mariñao impuxéronse 5-6 na quenda de penaltis despois de finalizar o tempo regulamentario con empate a 2 goles. O Burela foi desta volta o conxunto anfitrión do torneo, que se celebrou no pavillón de Vista Alegre da vila da Mariña. (Imaxe: RFEF)
Este mediodía desenvólvese dende Pontevedra e Marín a Marcha contra Celulosas para reclamar a saída de ENCE da ría de Pontevedra. Consulta aquí o máis destacado da mobilización (Imaxe: APDR)
Ada Colau repite como alcaldesa de Barcelona. A líder de Barcelona en Comú foi investida cos votos da súa formación xunto aos do PSC e tres da candidatura de Manuel Valls. ERC, primeira forza o 26M, apostou polo seu candidato, Ernest Maragall. (Imaxe: Ajuntament de Barcelona)
Os pactos con Ciudadanos e Vox permiten ao PP acceder a múltiples alcaldías por todo o Estado, con Madrid como máis destacada. O conservador José Luis Martínez-Almeida foi elixido esta mañá como rexedor madrileño en substitución de Manuela Carmena. (Imaxe. Marta Jara/eldiario.es)
O PP dará a alcaldía de Ourense a Democracia Ourensana a cambio de soster a Baltar na Deputación. Consulta aquí toda a información e o documento asinado por Jácome e Baltar
Adiado o exame de Filosofía da selectividade que se ía desenvolver esta mañá ata as catro desta tarde por un erro na elaboración da proba, segundo admite a CIUG.
O Supremo prohibe a Oriol Junqueras saír da cadea para recoller a acta de eurodeputado en Madrid. Alega que un eventual desprazamento do líder de ERC á Eurocámara poría en risco a causa xudicial do procés, que vén de quedar vista para sentenza. Junqueras foi o 26M cabeza de lista da coalición Agora Repúblicas, na que se integrou o BNG.