Adiado o exame de Filosofía da selectividade que se ía desenvolver esta mañá ata as catro desta tarde por un erro na elaboración da proba, segundo admite a CIUG.
Fálase
O Supremo prohibe a Oriol Junqueras saír da cadea para recoller a acta de eurodeputado en Madrid. Alega que un eventual desprazamento do líder de ERC á Eurocámara poría en risco a causa xudicial do procés, que vén de quedar vista para sentenza. Junqueras foi o 26M cabeza de lista da coalición Agora Repúblicas, na que se integrou o BNG.
Hoxe comeza o xuízo ao PP pola destrución dos ordenadores de Bárcenas por ser probas da súa presunta corrupción. A Fiscalía non acusa ao partido, que pedirá na primeira sesión non chegar a ser xulgado. Para borrar os discos duros do ex-tesoureiro os populares usaron o método Gutmann de "borrado seguro intenso".
PSdeG e Vilalba Aberta asinan o acordo de investidura que o sábado converterá á socialista Elba Veleiro en alcaldesa da vila, onde o PP nunca perdera o poder.
O Parador de Muxía, prometido por Aznar tras o 'Prestige', non abrirá as súas portas ata 2020, 18 anos despois do afundimento, segundo indicou este xoves a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, nunha visita visita ás obras. O pasado xaneiro o presidente de Paradores, Óscar López, anunciara en Fitur a súa apertura para finais deste 2019.
Pontevedra acolle esta tarde a segunda charla do ciclo 'O mundo desde aquí', organizado polo Igadi, desta volta sobre a paradiplomacia cidadá no mundo global, a cargo do investigador Antonio Alejo.
Hoxe comeza en Santiago o festival O Son do Camiño. En Vinte escolman a media ducia de concertos máis destacados desta segunda edición.
O Festigal desvela o seu cartel para 2019, con grupos como Banda Bassotti, Brassica Rapa, Arrhythmia ou as Pandereteiras de Verducido ademais dos De Ninghures, gañadores do certame Novos Valores do propio festival, que organizan Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre. Un ano máis, celébrase o 24 e 25 de xullo no Campus Vida de Santiago.
Ketama, Mala Rodríguez, Susana Seivane e Tequila, primeiras confirmacións musicais para as Festas de María Pita na Coruña alén do Festival Noroeste, incluído na programación festiva e en cuxo cartel figuran nomes como Patty Smith, Nathy Peluso, Los Punsetes, Belako ou Baiuca, entre outros. Na imaxe, un concerto na praza de María Pita en 2016.
Adif adxudica a electrificación do treito de 5 quilómetros Guillarei-Tui, o que lle toca mellorar no marco do acordo con Portugal para modernizar a liña Vigo-Porto. A obra ten un prazo de 6 meses. A empresa pública tamén licitou e está pendente de adxudicar a mellora da seguridade, que porá fin ao teléfono como sistema para evitar choques de trens entre Tui e Valença.