Pontevedra acolle esta tarde a segunda charla do ciclo 'O mundo desde aquí', organizado polo Igadi, desta volta sobre a paradiplomacia cidadá no mundo global, a cargo do investigador Antonio Alejo.
Fálase
Hoxe comeza en Santiago o festival O Son do Camiño. En Vinte escolman a media ducia de concertos máis destacados desta segunda edición.
O Festigal desvela o seu cartel para 2019, con grupos como Banda Bassotti, Brassica Rapa, Arrhythmia ou as Pandereteiras de Verducido ademais dos De Ninghures, gañadores do certame Novos Valores do propio festival, que organizan Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre. Un ano máis, celébrase o 24 e 25 de xullo no Campus Vida de Santiago.
Ketama, Mala Rodríguez, Susana Seivane e Tequila, primeiras confirmacións musicais para as Festas de María Pita na Coruña alén do Festival Noroeste, incluído na programación festiva e en cuxo cartel figuran nomes como Patty Smith, Nathy Peluso, Los Punsetes, Belako ou Baiuca, entre outros. Na imaxe, un concerto na praza de María Pita en 2016.
Adif adxudica a electrificación do treito de 5 quilómetros Guillarei-Tui, o que lle toca mellorar no marco do acordo con Portugal para modernizar a liña Vigo-Porto. A obra ten un prazo de 6 meses. A empresa pública tamén licitou e está pendente de adxudicar a mellora da seguridade, que porá fin ao teléfono como sistema para evitar choques de trens entre Tui e Valença.
O Dépor imponse 4-2 ao Málaga no primeiro partido polo ascenso á Primeira división.
O xuízo aos líderes independentistas cataláns queda visto para sentenza tras unha chamada ao diálogo dos acusados nos seus alegatos finais.
O BNG gobernará en coalición co PSdeG en Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores e Tino Fernández asinan mañá o "acordo programático" que sustentará o goberno. O gabinete contará con ampla maioría absoluta no pleno grazas á suma dos 11 edís do Bloque e os 4 socialistas. Podes repasar nesta peza interactiva como votou Pontevedra nas eleccións municipais.
Jácome anuncia como "totalmente seguro" que Democracia Ourensana o votará a el como alcalde e confía en chegar a un acordo "co PP ou co PSOE" antes do sábado que inclúa tamén a Deputación provincial. Os votos ou populares serían dabondo para que DO lograse a alcaldía na nova corporación e, en caso de non existir maioría absoluta, o elixido sería o socialista Rafael Rodríguez Villarino. Na imaxe, Jácome este mércores ante os medios no Concello ourensán.
Xa está na rúa o libro A xestión cultural en Galicia, elaborado polo curso de especialización da USC con achegas de 13 expertos que foi publicando Praza.gal entre finais do pasado ano e comezos deste.