Reino Unido ratifica que celebrará as eleccións europeas porque "non queda tempo" para aplicar antes o Brexit. O electorado británico estará chamado ás urnas o 23 de maio.
Fálase
O pleno da Coruña aproba o modificativo de crédito co que o goberno local sufragará a indemnización que pon fin ao litixio do edificio Conde de Fenosa. O modificativo ascende a un total de 14 millóns que inclúen tamén gastos de persoal e convenios con varias entidades da cidade. Recibiu os votos a prol de Marea Atlántica e PSdeG, mentres que o BNG se abstivo e o PP votou en contra.
Incautados 34 quilos de percebe e 15 de ourizo en operacións contra o furtivismo na Coruña. Segundo informa a Unidade da Policía adscrita á Xunta, estas incautacións desenvolvéronse en tres intervencións os pasados venres, sábado e domingo. Os ourizos foron "devoltos ao mar" e os percebes, "entregados nun centro benéfico" da cidade. (Imaxe: UPA)
A xustiza confirma que Puigdemont pode ser candidato ás eleccións europeas. Así o veñen de resolver dous xulgados do contencioso de Madrid, que deste xeito seguen o criterio marcado polo Supremo para o ex-presidente catalán e os ex-conselleiros Comín e Ponsatí fronte ao veto que interpuxera a Xunta Electoral en resposta aos recursos de PP e Ciudadanos.
As inscricións nas oficinas de emprego reducíronse en 4.615 persoas durante o mes de abril en Galicia ata as 166.226. Son 16.065 menos que hai un ano. No mesmo mes o número de persoas a cotizar na Seguridade Social elevouse no país en 6.186; son 21.175 máis que no mesmo mes de 2018 e a cifra total queda en 1.010.592. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Milleiros de persoas participaron este domingo en Santiago no día grande da Festa do Banquete, que por segundo ano consecutivo conmemorou o histórico Banquete de Conxo con actos culturais e un xantar de confraternidade.
En Marea anuncia o inicio dunha "reflexión en profundidade" sobre "o futuro da organización" tras as vindeiras eleccións municipais e europeas. Nese proceso, sinala a formación tras a xuntanza da súa dirección, terán en conta os "malos" resultados das eleccións xerais e o xeito de "afrontar con solvencia as eleccións autonómicas de 2020".
O Supremo determina que Puigdemont é elixible para presentarse ás europeas. O alto tribunal acorda que a competencia para resolver os recursos é do xulgado de Madrid que lle derivara a cuestión e pídelle que resolva “de inmediato”.
O Supremo decide este domingo se Puigdemont pode presentarse ás eleccións europeas do 26M. Tras frealo a Xunta Electoral e considerar a Fiscalía que si pode, será o alto tribunal o que decida sobre as candidaturas do ex-president e de Toni Comín e Clara Ponsatí.
Casado escenifica no Pino o seu xiro ao centro cun acto con Feijóo, que volve insistir en abrir o PP a máis votantes.