Casado escenifica no Pino o seu xiro ao centro cun acto con Feijóo, que volve insistir en abrir o PP a máis votantes.
Fálase
Gómez Noya, campión do mundo de tríatlon de longa distancia en Pontevedra. O pontevedrés Pablo Dapena, anterior campión mundial, remata segundo por diante do esloveno Jaro Kovacic. Esta foi a proba raíña dunha semana na que uns 4.000 deportistas participaron en Pontevedra nos diferente campionatos mundiais de dúatlon, tríatlon cross, ácuatlon, aquabike e tríatlon de longa distancia.
Desde esta fin de semana e durante todo o mes desenvólvese na Coruña o Resis, un festival atípico dedicado á música contemporánea do que Vinte fai un repaso.
A Fiscalía apoia que Puigdemont sexa candidato ás Europeas en contra do ditado pola Xunta Electoral. Agora un xulgado ten que resolver o recurso presentado polo ex-president contra a decisión da Xunta Electoral do pasado luns, que tamén inhabilitaba a Toni Comín e Clara Ponsatí.
Sergas e sindicatos pactan 308 novas prazas en Atención Primaria até 2021, 45 delas para este 2019. CESM, CSIF, UGT e Satse acordan coa Xunta unha medida da que se desmarcaron CCOO e CIG, que a consideran insuficiente.
Xavier Lama é o gañador do I Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas e que promove a figura de Roberto Vidal Bolaño. Lama concorreu ao certame coa obra Na miña alma ouvea un lobo
O Colexio de Xornalistas publica o manifesto Arrincar a esperanza dos brazos do conformismo con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa. O texto, que remata citando a Manuel Rivas, denuncia a precariedade laboral na profesión, a baixa remuneración e os despedimentos no sector. Esta tarde entrégase en Ferrol o Premio José Couso, que recibe #DefendeaGalega
Lalín celebra esta fin de semana a Festa do Orgullo e Vinte repasa os seus atractivos.
Adiada a declaración do director de Minas da Xunta no caso no que é investigado por presunta prevaricación ambiental na reapertura da mina de San Finx, en Lousame. O aprazamento foi solicitado pola defensa de Ángel Bernardo Tahoces, que asume a Xunta, para poder abordar con máis tempo o caso e a Fiscalía aceptouno.
O Consello de Administración dos medios públicos vascos prohibe que EiTB continúe emitindo publicidade de xogo e apostas a partir de 2019. Diversos colectivos reclaman dende hai tempo, tamén en Galicia, limitar a publicidade destas empresas polo seu posible fomento das adiccións, especialmente entre a mocidade. (Imaxe: EiTB)