A Xunta renova o complemento das pensións que implantou o bipartito e que o PP quixo suprimir pero manteno conxelado por oitavo ano. A contía está estancada en 206 euros desde 2010 malia que desde aquela o custo da vida aumentou preto dun 10%.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/feijoo-7a991df.jpeg)
A Xunta renova o complemento das pensións que implantou o bipartito e que o PP quixo suprimir pero manteno conxelado por oitavo ano. A contía está estancada en 206 euros desde 2010 malia que desde aquela o custo da vida aumentou preto dun 10%.
Aparece en bo estado o traballador desaparecido en punta Lagosteira. O operario foi achado entre dous bloques de formigón logo de ser buscado no mar durante horas.
Salvamento Marítimo busca un traballador desaparecido en punta Lagosteira, no porto exterior da Coruña. O Helimer e a policía portuaria procuran tamén o operario.
A ourolesa Sabela Ramil finaliza a súa participación en Operación Triunfo interpretando Tris tras, de Marful. A cantante residente nas Pontes quedou finalmente na cuarta posición do concurso de TVE.
Sabela de OT vai cantar en galego ou en portugués? É a pregunta que tenta responder neste vídeo Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua, antes de que a cantante ourolesa residente nas Pontes interprete Tris tras, de Marful, no popular concurso televisivo, onde Sabela Ramil xa cantou outros dous temas en galego.
Tres mortos e un desaparecido no afundimento dun pesqueiro en Fisterra. Salvamento Marítimo informa de que o 'Sin Querer 2' afundiu a 4,5 millas do cabo Fisterra, onde o dispositivo de salvamento e outros barcos próximos rescataron 6 persoas en dúas balsas. Na zona está activa unha alerta amarela por ondas de 4 a 5 metros. Ampliamos información neste espazo.
Traballadores de Alcoa marchan desde Ribadeo cara á Veiga (Asturias) nunha xornada de folga nas factorías da Coruña e Avilés contra o peche das fábricas. Están apoiados tamén polo persoal de San Cibrao. Foto: @TraballadoAlcoa
Persoal da CRTVG concéntrase ante o Parlamento na xornada de folga de 24 horas nos medios públicos. Os traballadores sairán logo en manifestación por Compostela "contra o desmantelamento, a manipulación e a represión". Foto: @ccoogalicia.
O detido pola morte de Laura Luelmo en Andalucía confesa o asasinato. Está a contalo eldiario.es (Imaxe: Mobilización contra a violencia machista, o pasado 25N -Gz Contrainfo-).
A Mesa do Congreso aproba tramitar o traspaso da AP-9 pola vía rápida coa única oposición de Ciudadanos, que votou en contra da tramitación urxente que solicitou En Marea. Os de Rivera xa optaran pola abstención no debate de toma en consideración da lei galega alegando que a AP-9 conecta con Portugal, o cal non é certo. Recólleo Faro de Vigo.