O Sinn Féin aséntase como primeira forza nas eleccións irlandesas con máis do 60% do reconto completado. A formación logra este histórico resultado tras unha campaña de marcado perfil social en eidos como o acceso á vivenda. A súa líder, Mary Lou McDonald, advirte de que o tradicional bipartidismo na República rachou e subliña que o Sinn Féin debe ser tido en conta para gobernar. A televisión pública RTE está a ofrecer datos do reconto, que aínda continúa.
Fálase
O movemento feminista galego convoca concentracións para este serán en repulsa polo asasinato dunha muller en Lugo. A Marcha Mundial das Mulleres está a actualizar no seu Facebook as horas e lugares das mobilizacións.
A coreana Parasite, de Bong Joon Ho, triunfa nos Oscar de Hollywood con catro galardóns, entregados a pasada noite. Nesta ligazón, a listaxe íntegra dos premios. (Imaxe: 92nd Academy Awards Oscar).
Morre un mariñeiro e outro permanece ingresado tras caer ao mar desde un pesqueiro preto das Illas Ons. O suceso tivo lugar sobr as 11 da mañá deste domingo.
Milleiros de persoas maniféstanse xa polo centro de Santiago respondendo á convocatoria de SOS Sanidade Pública. O máis destacado da mobilización, hoxe en Praza.gal
Confirmado un caso de coronavirus en Mallorca. O home ingresado nun hospital da illa padece o virus, ao contrario que a súa muller e fillas.
A Xunta di que convocará 3.500 prazas na próxima OPE "se o Goberno central elimina a taxa de reposición". Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, en Silleda.
Feijóo evita confirmar se será candidato á presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas. "Faga o que faga será o que queredes que faga", dixo nun acto do PPdeG.
O Goberno central presentará este luns á tarde o estatuto das empresas electrointensivas, segundo adianta o presidente do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao. O ansiado texto recibiu xa o visto e prace da UE.
A primeira aparición de Son Goku na TVG cumpre 30 anos. A televisión pública lembra o mítico protagonista dunha serie xaponesa que foi referente en galego.