Feijóo evita confirmar se será candidato á presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas. "Faga o que faga será o que queredes que faga", dixo nun acto do PPdeG.
Fálase
O Goberno central presentará este luns á tarde o estatuto das empresas electrointensivas, segundo adianta o presidente do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao. O ansiado texto recibiu xa o visto e prace da UE.
A primeira aparición de Son Goku na TVG cumpre 30 anos. A televisión pública lembra o mítico protagonista dunha serie xaponesa que foi referente en galego.
Ciudadanos suspende de militancia ao seu único concelleiro en Pontevedra, Gregorio Revenga, por votar a prol do orzamentos do goberno municipal de BNG e PSdeG, aprobados este venres. Segundo a Comisión de Réxime Disciplinario do Partido, a suspensión de militancia débese a que "incumpriu as directrices do partido". O voto a prol de Revenga chegou tras aceptar o goberno local catro das súas emendas, como a encamiñada a dotar con desfibriladores instalacións municipais (Imaxe: Cs)
Morre aos 82 anos Pilar Pereira, histórica do teatro galego. Lembrámola neste obituario
Este venres estréase nas salas de cine Arima, de Jaione Camborda, coa que falamos cando estaba a piques de rematar a película: “Non creo que teña que dicirlle eu ao espectador o que está ben e o que está mal. Fago preguntas, máis que dar respostas”
A Comisión Europea dispón do 80% dos fondos para o saneamento integral da Ría do Burgo, segundo anunciou Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa. Serían 36 dos 45 millóns totais e o resto tería que achegalo o Estado.
Juventino Trigo (BNG), novo alcalde de Fene tras saír adiante a moción de censura ao ata agora rexedor do PP pactada polo Bloque co PSdeG e EU. (Imaxe: Iago Varela/Cedida)
Tui e Valença celebran o próximo luns o primeiro Pleno da Eurocidade con todos os edís da Assembleia Municipal e do Pleno do Concello, reunión “histórica e inédita na Europa”.
A mobilización de persoal da CRTVG a través do colectivo Defende a Galega chega hoxe ás 90 semanas. O cumprimento íntegro da lei dos medios públicos do ano 2011 para evitar a influencia gobernamental na información que ofrecen a TVG e a Radio Galega é a súa principal reivindicación.