A Comisión Europea dispón do 80% dos fondos para o saneamento integral da Ría do Burgo, segundo anunciou Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa. Serían 36 dos 45 millóns totais e o resto tería que achegalo o Estado.
Fálase
Juventino Trigo (BNG), novo alcalde de Fene tras saír adiante a moción de censura ao ata agora rexedor do PP pactada polo Bloque co PSdeG e EU. (Imaxe: Iago Varela/Cedida)
Tui e Valença celebran o próximo luns o primeiro Pleno da Eurocidade con todos os edís da Assembleia Municipal e do Pleno do Concello, reunión “histórica e inédita na Europa”.
A mobilización de persoal da CRTVG a través do colectivo Defende a Galega chega hoxe ás 90 semanas. O cumprimento íntegro da lei dos medios públicos do ano 2011 para evitar a influencia gobernamental na información que ofrecen a TVG e a Radio Galega é a súa principal reivindicación.
Pedro Sánchez e Joaquim Torra acordan presidiren a primeira xuntanza da mesa de gobernos pactada por PSOE e ERC, que se celebrará este mes. O presidente do Goberno de España reuniuse este xoves co da Generalitat en Barcelona. Sánchez achegou un documento de 44 puntos ao que denominou "axenda para o reencontro" e Torra reiterou a aposta pola autodeterminación e a petición de "amnistía" para os líderes independentistas encarcerados. (Imaxe: Govern de la Generalitat)
O Consello da Xunta aproba a declaración do Parque do Pasatempo de Betanzos como Ben de Interese Cultural. O histórico espazo sofre unha forte degradación dende hai anos, pero tamén é escenario de iniciativas cidadás pola súa protección.
Dépor ABANCA. A cara B das Nosas. VINTE achégase ás xogadoras revelación da Primeira División para coñecer máis polo miúdo a súa visión do deporte, dos dereitos laborais no fútbol feminino ou do impacto que o equipo está a ter na Coruña. Entrevistas de Bárbara G. Vilariño con retratos de Xabier Martínez
Donald Trump, absolto no xuízo político por abuso de poder e obstrución ao Congreso. O fracaso do impeachment impulsa o presidente dos EUA ás portas da campaña na que buscará a reelección
Gonzalo Caballero anuncia a persoal de Alcoa en San Cibrao que "o estatuto das empresas electrointensivas se fará público de xeito inminente". "Sairá a exposición pública nos vindeiros días", afirmou o secretario xeral e candidato do PSdeG. Persoal de compañías como Alcoa vén reclamando esta normativa ao Goberno central dende hai meses para abaratar o prezo da electricidade e evitar posibles peches.
Un grupo de investigación galego descobre "unha mutación clave" para tratar o cancro. GCiencia debulla os resultados das pescudas deste grupo da Universidade de Santiago, integrado no consorcio internacional Pan-Cancer. (Imaxe: USC)