Dépor ABANCA. A cara B das Nosas. VINTE achégase ás xogadoras revelación da Primeira División para coñecer máis polo miúdo a súa visión do deporte, dos dereitos laborais no fútbol feminino ou do impacto que o equipo está a ter na Coruña. Entrevistas de Bárbara G. Vilariño con retratos de Xabier Martínez
Fálase
Donald Trump, absolto no xuízo político por abuso de poder e obstrución ao Congreso. O fracaso do impeachment impulsa o presidente dos EUA ás portas da campaña na que buscará a reelección
Gonzalo Caballero anuncia a persoal de Alcoa en San Cibrao que "o estatuto das empresas electrointensivas se fará público de xeito inminente". "Sairá a exposición pública nos vindeiros días", afirmou o secretario xeral e candidato do PSdeG. Persoal de compañías como Alcoa vén reclamando esta normativa ao Goberno central dende hai meses para abaratar o prezo da electricidade e evitar posibles peches.
Un grupo de investigación galego descobre "unha mutación clave" para tratar o cancro. GCiencia debulla os resultados das pescudas deste grupo da Universidade de Santiago, integrado no consorcio internacional Pan-Cancer. (Imaxe: USC)
Íñigo Urkullu abre a porta a que as eleccións vascas se celebren en abril. O intervalo que manexa o lehendakari vai do 5 de abril e chega ata o 25 de outubro, evidenciou o mandatario vasco a respecto da data límite, a mesma que a galega. Non o desvelará en calquera caso ata marzo, asegura, cando conclúe a elección de candidaturas do PNV. As eleccións en Galicia e Euskadi celebráronse ao mesmo tempo en 2009, 2012 e 2016. En 2005, as vascas foron o 17 de abril e as galegas, o 19 de xuño.
Ciudadanos pide ao PP ser "xeneroso" e confluíren tamén nas eleccións galegas "para frear ao nacionalismo galego". Segundo a ex-deputada Beatriz Pino, voceira deste partido en Galicia, "a maioría absoluta de Feijóo está en perigo" e define como "risco real" que "se repita" un goberno de PSdeG e BNG.
O Ministerio de Consumo prevé restrinxir a publicidade de apostas en radio e televisión á franxa da 1 ás 5 da madrugada. Será parte dun Real Decreto que está a ultimar o departamento que dirixe Alberto Garzón, segundo informa eldiario.es
Benedicta Sánchez, homenaxeada en Lugo tras recibir o Goya á mellor actriz revelación por 'O que arde'. "Son a máis sorprendida por todo isto, mil grazas, sobrepásame todo isto", afirmou emocionada na homenaxe organizada pola Deputación de Lugo
O Consello de Ministros aproba por Real Decreto a suba do salario mínimo interprofesional a 950 euros. Tras a xuntanza semanal do Goberno central, a ministra de Facenda e voceira do gabinete, María Jesús Montero, confirmou que o seu departamento reunirá ás autonomías no Consello de Política Fiscal e Financeira o vindeiro venres. A Xunta foi un dos gobernos autonómicos que viña reclamando esa reunión.
Morre José Luis Cuerda, afincado no Ribeiro, onde producía viño, e autor entre outras películas das adaptacións ao cine de El bosque animado e A lingua das bolboretas. En 2015 o Festival de Cans homenaxeouno no Torreiro das Estrelas. En Amanece que no es poco fixo unha demostración do que é contixente e do que é necesario.