Milleiros de persoas maniféstanse xa polo centro de Santiago respondendo á convocatoria de SOS Sanidade Pública. O máis destacado da mobilización, hoxe en Praza.gal
Fálase
Confirmado un caso de coronavirus en Mallorca. O home ingresado nun hospital da illa padece o virus, ao contrario que a súa muller e fillas.
A Xunta di que convocará 3.500 prazas na próxima OPE "se o Goberno central elimina a taxa de reposición". Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, en Silleda.
Feijóo evita confirmar se será candidato á presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas. "Faga o que faga será o que queredes que faga", dixo nun acto do PPdeG.
O Goberno central presentará este luns á tarde o estatuto das empresas electrointensivas, segundo adianta o presidente do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao. O ansiado texto recibiu xa o visto e prace da UE.
A primeira aparición de Son Goku na TVG cumpre 30 anos. A televisión pública lembra o mítico protagonista dunha serie xaponesa que foi referente en galego.
Ciudadanos suspende de militancia ao seu único concelleiro en Pontevedra, Gregorio Revenga, por votar a prol do orzamentos do goberno municipal de BNG e PSdeG, aprobados este venres. Segundo a Comisión de Réxime Disciplinario do Partido, a suspensión de militancia débese a que "incumpriu as directrices do partido". O voto a prol de Revenga chegou tras aceptar o goberno local catro das súas emendas, como a encamiñada a dotar con desfibriladores instalacións municipais (Imaxe: Cs)
Morre aos 82 anos Pilar Pereira, histórica do teatro galego. Lembrámola neste obituario
Este venres estréase nas salas de cine Arima, de Jaione Camborda, coa que falamos cando estaba a piques de rematar a película: “Non creo que teña que dicirlle eu ao espectador o que está ben e o que está mal. Fago preguntas, máis que dar respostas”
A Comisión Europea dispón do 80% dos fondos para o saneamento integral da Ría do Burgo, segundo anunciou Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa. Serían 36 dos 45 millóns totais e o resto tería que achegalo o Estado.