Arquivada a imputación de Xosé López Orozco, ex-alcalde de Lugo, nunhas pezas da Pokémon. O xuíz ditamina o sobresemento para o político socialista e outras catro persoas investigadas por contratos como o da antiga fábrica da luz. Cóntao El Progreso
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58dcb22469b42-4ffc105ea3868-4f7b3e73811ca-orozco.jpg)
Arquivada a imputación de Xosé López Orozco, ex-alcalde de Lugo, nunhas pezas da Pokémon. O xuíz ditamina o sobresemento para o político socialista e outras catro persoas investigadas por contratos como o da antiga fábrica da luz. Cóntao El Progreso
O acordo de emprego público asinado polo Goberno e os sindicatos permitirá que máis de 13 mil interinos se convertan en fixos nos vindeiros tres anos en Galicia. 7.660 son empregados do Sergas, 4.359 de ensino non universitario, 633 da administración central autonómica, 253 traballadores de universidades e 238 de xustiza. O obxectivo é reducir a interinidade do 25% ao 8%
A condena a Cassandra enfronta os xuíces sobre os límites á liberdade de expresión en redes sociais. Os maxistrados non teñen un criterio claro
Os estibadores e as empresas acadan un principio de acordo que o Goberno rexeita. A subrogación dos traballadores e a petición de que isto se recolla nunha lei seguen sendo os principais puntos de discrepancia co Executivo
O Goberno impulsa un ano máis unha rebaixa no poder adquisitivo de salarios e pensións. As pensións subirán un 0,25%, os soldos dos empregados públicos un 1% e o sector privado pelexa por unha subida que permita igualar o encarecemento dos prezos
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) estende as súas proxeccións a Lugo tras un acordo entre AGADIC e o lucense Club Cultural Valle-Inclán. Este convenio súmase ao mantido co Cineclub Padre Feijóo en Ourense e co Lumière de Vigo, polo que as películas da filmoteca galega serán proxectadas agora nestas tres cidades, ademais de na súa sede central da Coruña.
VÍDEO | Son regueifeira e gústame regueifar! Nenas e nenos explican en que consiste a arte das regueifas. É o primeiro vídeo do certame Enreguéifate, que organiza o Departamento de Lingua do Concello de Santiago para o vindeiro mes de abril.
O PSOE readmite o alcalde de Becerreá como militante tras 15 meses de suspensión. Manuel Martínez, agora vicepresidente da Deputación de Lugo, estivo inmerso nun proceso de expulsión do partido polas súas votacións co PP, entre elas a que lle dera aos populares a presidencia da institución lucense, a cal volveu aos socialistas tras a moción de censura de outubro de 2015. Cóntao El Progreso
Os galegos Triángulo de Amor Bizarro, triunfadores dos Premios da Música Independente con catro galardóns. O premio ao mellor álbum en galego foi para Eladio y los seres queridos, polo seu disco Cantares.
As doce persoas xulgadas pola ocupación da Sala Yago no ano 2011 veñen de ser condenadas ao pagamento dunha multa (360 euros cada unha e 2.000 de forma colectiva) por un delicto de usurpación de inmobles. Dúas delas, ademais, foron condenadas a un ano e medio de prisión por tenza de explosivos, tras asumir este delicto hai dúas semanas durante o xuízo.