Máis de 400 persoas participaron en Ribadavia na manifestación de protesta pola supresión do ciclo de ESO no CPI Tomas de Lemos e o traslado de 178 alumnos e alumnas ao IES O Ribeiro. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase ás 11 horas ante a Consellaría de Educación
Fálase
A Coruña (na imaxe), Compostela ou Ourense acolleron na tarde de onte manifestacións e concentracións reivindicativas polo Día do Orgullo LGTBI
A LOMCE sobrevivirá cando menos dous cursos ao dilatarse no Congreso os traballos para unha nova lei educativa
ÚLTIMA HORA | A Audiencia da Coruña confirma a imputación do ex-director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, polo accidente de Angrois. Aquí, a información ampliada.
O Panteón de Galegos Ilustres acolle arestora a entrega das Medallas Castelao. A cerimonia pódese seguir ao vivo pola TVG. O máis destacado, hoxe en Praza.
Un piquete da folga do transporte péchase na sede da Dirección Xeral de Mobilidade para instar a Xunta a ser "responsable" e retomar o "diálogo" con persoal e patronal á vez. O peche continuou ata que foron recibidos polo director xeral. O sector vive este mércores a súa cuarta xornada de folga, cuxo remate vén esixindo a Consellería. Máis información, hoxe en Praza.
Os talleres de automoción sumáronse este martes á folga do sector do metal na provincia da Coruña, que volveu paralizar as grandes empresas. Os traballadores manifestáronse nas rúas de Compostela, Ferrol e A Coruña.
O Congreso insta a Defensa a negociar a devolución dos terreos da Maestranza á cidade da Coruña. A proposta de EnMarea foi apoiada polo PSOE, mentres que o PP se opuxo á cesión gratuíta do espazo, polo que o Ministerio quere obter un rendemento económico.
A burocracia atrasa a limpieza dos montes veciñais a pesar de estarmos nun período de alto risco de incendio, destaca Faro de Vigo. Dos 399 expedientes aprobados, só comezaron as tarefas de limpeza en 126
Este martes finou en Vigo aos 93 anos de idade Alfonso Zulueta de Haz, que foi presidente do Consello da Cultura Galega e da Fundación Penzol