Activada a saída dos restos de Franco do Valle de los Caídos, que terá que esquivar obstáculos da Igrexa e dos netos do ditador.

Activada a saída dos restos de Franco do Valle de los Caídos, que terá que esquivar obstáculos da Igrexa e dos netos do ditador.
Bota a andar en Santiago a Asociación de Entidades Locais pola Lingua, formada por unha quincena de concellos que desenvolverán accións conxuntas a prol do uso do galego. Ademais da propia capital galega os seus membros fundadores son A Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía, e Rois. A primeira presidencia recae no Concello rianxeiro.
Donald Trump declara o estado de emerxencia nacional para construír o muro con México. O presidente estadounidense vén de anuncialo nunha declaración televisada na que di que o fai para protexer o país dun suposto fluxo de “droga, criminais e migrantes ilegais”.
A Fiscalía da Coruña arquiva a denuncia do PP contra o goberno local da cidade pola compra de vivendas para alugueiro social ao non observar nas "deficiencias denunciadas" a "transcendencia penal" que denunciaban os conservadores. Dúas destas compras foron consideradas nulas polo Consello Consultivo. Está a contalo La Opinión de A Coruña
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia presenta o novo deseño dos trofeos dos Premios María Casares, obra de Paula Pereira despois de que o colectivo renunciase ás anteriores xerras de Sargadelos para denunciar a actitude da empresa cara ao seu persoal. (Imaxe: LaDiapo)
Vén de quedar inaugurada a ligazón da AP-9 coa Cidade da Cultura. O primeiro anuncio desta obra realizouno Feijóo como conselleiro de Política Territorial hai máis de 15 anos e o seu primeiro prazo de remate era o mesmo que o tamén incumprido para o propio Gaiás, o ano 2005.
A mascota do Breogán gaña o "baile de mascotas" organizado pola liga ACB entre todos os clubs que a compoñen. Máximus, o personaxe que representa o equipo breoganista, impúxose na votación final a través de Twitter polo 52% dos máis de 14.000 votos emitidos durante a celebración da Copa do Rei de baloncesto. Vinte repasa algúns dos seus vídeos máis senlleiros.
Pedro Sánchez anunciará a data das eleccións xerais este venres ás 10 da mañá nunha declaración institucional tras un Consello de Ministros extraordinario. A data máis probable é a do 28 de abril.
Celsa Díaz Cabanela, nomeada republicana de honra 2019. A distinción é concedida pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, cuxa asemblea decidiu escoller a esta muller que foi expedientada e estivo presa polas súas actividades políticas no antigo cárcere da Coruña.
O TSXG dá por "finalizado" o preito do edificio Conde de Fenosa da Coruña tras homologar os acordos de mediación que evitaron a derruba e un gasto millonario para o Concello. O tribunal asegura que "a legalidade urbanística municipal considérase restablecida" a través do pacto.