Os atropelos deixan oito ciclistas mortos e case 500 feridos en cinco anos en Galicia. Faro de Vigo fai balance da sinistralidade dos vehículos de dúas rodas.
Fálase
Milleiros de persoas concéntranse na Porta do Sol de Madrid en apoio da moción de censura de Unidos Podemos contra Mariano Rajoy. Está a contalo eldiario.es.
Berizzo deixa de ser adestrador do Celta despois de tres temporadas. Pedía unha mellora salarial e un equipo máis ambicioso.
Antonio Roma, o fiscal que vén de deixar o caso Angrois, atribúe as críticas que recibiu das vítimas ao “marco político”. Nunha entrevista con El Progreso tamén di que el non foi o único que traballou no caso senón que “reflexionou” sobre el coa “xefatura” e “os compañeiros”.
O Breogán perde ante o Burgos (80-93) o primeiro dos cinco partidos da semifinal. O segundo partido xógase o domingo ás 18.00 horas no Pazo.
Dous alcaldes de Ourense serán xulgados por prevaricación a próxima semana. O popular Ventura Sierra, de Vilariño de Conso, por irregularidades na contratación de 29 persoas. O independente Francisco José Fernández, de Trives, por impedir un debate plenario.
O pleno de Pontevedra debaterá o vindeiro luns a proposta do PP para "promocionar a aparición da Virxe" como "centro de actividade turística". Segundo os conservadores, as "aparicións marianas" poden servir para "potenciar o municipio". Na imaxe, un fragmento da moción difundido polo BNG.
Unidos Podemos e as súas confluencias rexistran a moción de censura contra Rajoy con Pablo Iglesias como candidato. O líder da formación debulla a proposta nesta entrevista en eldiario.es. A xestora do PSOE ve na moción "intrusismo" nas súas primarias "ao estilo Putin" e o PP considéraa "un numeriño".
Ramón Sarmiento, elixido novo secretario xeral de CCOO-Galicia. Promete renovar o traballo sindical e loitar pola unidade de acción con outros sindicatos.
O alcalde de Sanxenxo confirma que entrega o bastón de mando a Telmo Martín (PP). O ata agora rexedor, Gonzalo Pita -dun partido escindido do PP-, confirma que racha con PSdeG e BNG e será tenente de alcalde co conservador, que regresa ao posto que ostentou ata 2006. Vén de avanzalo o Canal Rías Baixas. Máis información, hoxe en Praza.gal