As accións da vella Pescanova caen á metade no seu regreso á Bolsa este martes tras máis de catro anos suspendida polas súas irregularidades contables. A empresa está valorada agora en 7,7 millóns e posúe o 1,6% de Nueva Pescanova.

As accións da vella Pescanova caen á metade no seu regreso á Bolsa este martes tras máis de catro anos suspendida polas súas irregularidades contables. A empresa está valorada agora en 7,7 millóns e posúe o 1,6% de Nueva Pescanova.
A súa familia confirma que o galego Ignacio Echeverría é un dos falecidos no atentado de Londres. A confirmación chega case catro días despois do ataque.
O anuncio da data e a pregunta do referendo catalán será este venres pola mañá. Así o adiantou TV3, que aclara que ao acto acudirán deputados de Junts pel Sí e a CUP.
O Goberno municipal de Compostela presentará nos vindeiros meses un "plan de mobilización de vivenda baleira", que fará fincapé no casco histórico e contará con "prezos asequibles". O anuncio produciuse nun pleno extraordinario, solicitado polo PP, que viu como as súas 18 peticións eran rexeitadas cos votos en contra de Compostela Aberta e BNG
O Frob decreta que o Banco Santander quedará coa propiedade do Banco Popular pagando un euro, despois de que o BCE cualificase esta última entidade como "inviable". A cotización en bolsa do Banco Popular, que nos últimos días perdeu unha parte importante do seu valor, queda paralizada. O Santander caeu un 3% esta noite, coñecida a noticia. Toda a información, hoxe en Praza.
O PSOE absterase nas mocións de censura contra Rajoy e Cifuentes. Os socialistas defenden que o PP é "censurable", pero os candidatos de Podemos non son "presidenciables"
A oposición no Congreso acorda que Bárcenas compareza na investigación sobre o presunto financiamento irregular do PP. Os populares seguen a defender que as pescudas da comisión non se remonten alén de 2015, o que deixaría fóra casos como o Gürtel.
O Festival de Cans xerou 110 postos de traballo, 41 deles contratacións directas, e cubriu "por completo a oferta hoteleira" da zona, segundo informa a súa organización nun comunicado de balance do certame, celebrado o pasadado maio.
O CIS reflicte un incremento de 12 puntos na preocupación cidadá pola corrupción. Así o recolle o barómetro do mes de maio, realizado tras o estourido da Operación Lezo.
O Banco Popular cae máis dun 6%, segue na súa senda negativa e a súa capitalización sitúase nos 1.300 millóns de euros. A crise da entidade pode levar consigo o Pastor, o último banco galego.