O Festival de Cans xerou 110 postos de traballo, 41 deles contratacións directas, e cubriu "por completo a oferta hoteleira" da zona, segundo informa a súa organización nun comunicado de balance do certame, celebrado o pasadado maio.

O Festival de Cans xerou 110 postos de traballo, 41 deles contratacións directas, e cubriu "por completo a oferta hoteleira" da zona, segundo informa a súa organización nun comunicado de balance do certame, celebrado o pasadado maio.
O CIS reflicte un incremento de 12 puntos na preocupación cidadá pola corrupción. Así o recolle o barómetro do mes de maio, realizado tras o estourido da Operación Lezo.
O Banco Popular cae máis dun 6%, segue na súa senda negativa e a súa capitalización sitúase nos 1.300 millóns de euros. A crise da entidade pode levar consigo o Pastor, o último banco galego.
O presidente do Parlamento, o popular Miguel Santalices, chama á orde ao vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, por non retirar a expresión “son vostedes un partido corrupto”, que dirixira ao PP. Malia negarse Sánchez, desta volta Santalices non a retirou el mesmo do Diario de Sesións, como vén facendo nos últimos meses con expresións de todo tipo.
Concentracións en Ferrol e na Coruña ante as sedes do Banco Pastor/Banco Popular protestarán este martes contra o intento de desafiuzamento dun matrimonio de Sada ao que -denuncian- a entidade non lles ofreceu acollerse aos mecanismos do Código de Boas Prácticas, como está obrigado a facer.
Boiro acollerá o vindeiro 10 de xuño unha homenaxe a Fran Pérez Narf. Pola Pousada das Ánimas pasarán unha vintena de artistas, como Cheny Wa Gune, Joao Gentil, Sergio Tannus, Guadi Galego, Grupo Chévere con Miguel de Lira ou Xoan Curiel. As entradas teñen un prezo entre os 10 e os 15 euros.
CC.OO. trasládalles a UGT e CIG unha proposta de unidade de acción sindical. Negociación colectiva, marco galego de relacións laborais, defensa do emprego, formación e mobilizacións unitarias centran o documento. O secretario xeral de UGT en Galicia, José Antonio Gómez, amosou a súa coincidencia co chamamento á unidade sindical
O pleno da Coruña condena por unanimidade o ataque á exposición sobre o movemento obreiro A forza necesaria. O goberno e todos os grupos secundaron a proposta do BNG, se ben o PP matizou a través da súa voceira, Rosa Gallego, que a Marea Atlántica non "condena" o que "está sucedendo en Venezuela" e o Bloque, "ao Exército Guerrilleiro". A conservadora reprochou ademais ao alcalde "o que está pasando en Santiago".
O PP procura que a investigación parlamentaria sobre o seu presunto financiamento irregular deixe fóra a Gürtel e a Púnica. Está a contalo eldiario.es
Arabia Saudí, Exipto, Emiratos Árabes Unidos e Baréin cortan relacións diplomáticas con Qatar, próximo a Irán, acusádoo de "apoiar o terrorismo"