O Goberno municipal de Compostela presentará nos vindeiros meses un "plan de mobilización de vivenda baleira", que fará fincapé no casco histórico e contará con "prezos asequibles". O anuncio produciuse nun pleno extraordinario, solicitado polo PP, que viu como as súas 18 peticións eran rexeitadas cos votos en contra de Compostela Aberta e BNG
Fálase
O Frob decreta que o Banco Santander quedará coa propiedade do Banco Popular pagando un euro, despois de que o BCE cualificase esta última entidade como "inviable". A cotización en bolsa do Banco Popular, que nos últimos días perdeu unha parte importante do seu valor, queda paralizada. O Santander caeu un 3% esta noite, coñecida a noticia. Toda a información, hoxe en Praza.
O PSOE absterase nas mocións de censura contra Rajoy e Cifuentes. Os socialistas defenden que o PP é "censurable", pero os candidatos de Podemos non son "presidenciables"
A oposición no Congreso acorda que Bárcenas compareza na investigación sobre o presunto financiamento irregular do PP. Os populares seguen a defender que as pescudas da comisión non se remonten alén de 2015, o que deixaría fóra casos como o Gürtel.
O Festival de Cans xerou 110 postos de traballo, 41 deles contratacións directas, e cubriu "por completo a oferta hoteleira" da zona, segundo informa a súa organización nun comunicado de balance do certame, celebrado o pasadado maio.
O CIS reflicte un incremento de 12 puntos na preocupación cidadá pola corrupción. Así o recolle o barómetro do mes de maio, realizado tras o estourido da Operación Lezo.
O Banco Popular cae máis dun 6%, segue na súa senda negativa e a súa capitalización sitúase nos 1.300 millóns de euros. A crise da entidade pode levar consigo o Pastor, o último banco galego.
O presidente do Parlamento, o popular Miguel Santalices, chama á orde ao vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, por non retirar a expresión “son vostedes un partido corrupto”, que dirixira ao PP. Malia negarse Sánchez, desta volta Santalices non a retirou el mesmo do Diario de Sesións, como vén facendo nos últimos meses con expresións de todo tipo.
Concentracións en Ferrol e na Coruña ante as sedes do Banco Pastor/Banco Popular protestarán este martes contra o intento de desafiuzamento dun matrimonio de Sada ao que -denuncian- a entidade non lles ofreceu acollerse aos mecanismos do Código de Boas Prácticas, como está obrigado a facer.
Boiro acollerá o vindeiro 10 de xuño unha homenaxe a Fran Pérez Narf. Pola Pousada das Ánimas pasarán unha vintena de artistas, como Cheny Wa Gune, Joao Gentil, Sergio Tannus, Guadi Galego, Grupo Chévere con Miguel de Lira ou Xoan Curiel. As entradas teñen un prezo entre os 10 e os 15 euros.