VÍDEO | As fortes chuvias inundan parte das instalacións do Hospital Lucus Augusti, en Lugo. As precipitacións -de máis de 20 litros por metro cadrado en apenas 20 minutos- provocaron diversos danos nas instalacións hospitalarias e tamén noutros puntos da cidade.
Fálase
O goberno de Lalín perde a cuestión de confianza polos votos do PP e dun edil tránsfuga. A oposición ten un mes para formular unha moción de censura, algo que previsiblemente non sucederá polas limitacións das normas antitransfuguismo.
Así se distribuíron os 210.000 euros que a Xunta achegou á prensa para fomentar "o uso das novas tecnoloxías" nos colexios a través de xornais dixitais. Os fondos repartíronse entre 10 edicións web de diarios editados en papel.
Hoxe comeza en Vila Real a XXIX Cimeira Ibérica, centrada na cooperación transfronteiriza. O Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o norte de Portugal vén reclamando a necesidade de abordar demandas pendentes da fronteira galego-portuguesa como as comunicacións ferroviarias, a sanidade ou os servizos de emerxencias.
O PP negocia co PNV o achegamento de presos por pertenza a ETA a cárceres próximas a Euskadi, segundo informa a SER. Os populares atacaron con dureza o Goberno do PSOE por abordar negociacións neste ámbito e Rajoy acusara a Zapatero de "traizoar" as vítimas.
Nueva Canarias garante co seu "si" a aprobación dos Orzamentos de Rajoy. O PP chegara xa a outros acordos con partidos como a súa escisión Foro Asturias, pacto que implica a alteración do calendario do AVE de Madrid a Galicia.
O Celta anuncia a Juan Carlos Unzué como novo adestrador para a vindeira tempada. O segundo adestrador do Barcelona xa formara parte do corpo técnico celeste durante a estadía de Luis Enrique en Vigo.
Os afíns a Pedro Sánchez copan todos os delegados nas listas par ao congreso do PSOE. O PSdeG pontevedrés estará representado por 16 'sanchistas' e o de Lugo por once apoios do novo secretario xeral, encabezados polo alcalde de Pedrafita. A presidenta da xestora, Pilar Cancela, aposta por "unha oposición máis contundente" por parte do PSdeG.
Puigdemont convoca os partidos favorables ao referendo para fixar pregunta e data. O presidente dáse un prazo de dúas semanas para pechar a data na que se celebrará a consulta.
O Fabril, filial do Deportivo, ascende a 2ª B logo de vencer o Cacereño 2-0 en Riazor. O filial do Celta caeu este sábado na fase de ascenso a 2ª División ante o Mestalla.