A Xunta ratifica a concesión da Medalla de Ouro de Galicia aos ex-presidentes de Asturias e Castilla y León, Javier Fernández (PSOE) e Juan Vicente Herrera (PP). O Goberno galego entrega o día 24 estas distincións, que nas súas tres décadas de historia recibiron maioritariamente homes e dirixentes afíns aos populares.
Fálase
A plataforma de vítimas de Angrois reúnese co novo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en vésperas do sexto aniversario do accidente. O colectivo de persoas afectadas polo descarrilamento ultima os actos de protesta e lembranza que desenvolverán durante a vindeira semana.
O 70% da militancia de Podemos que participou na consulta sobre a investidura de Pedro Sánchez apoia a opción dun goberno de coalición, segundo os resultados divulgados polo partido
Jaime Manso. Historias de Portobello. En Vinte, lembranzas da emblemática tenda de discos da Coruña e do seu propietario, recentemente falecido, a través de persoas que o coñeceron a el e a súa paixón pola música.
Maruxa e Coralia Fandiño volveron ser lembradas este 18 de xullo en Santiago para reivindicar a memoria das mulleres represaliadas polo franquismo. A mullerenaxe ás tamén coñecidas como as Marías foi impulsada un ano máis dende a libraría feminista Lila de Lilith. (Imaxe: CA)
Pedro Sánchez sinala a "participación" de Pablo Iglesias no Goberno de España como "principal" obstáculo para un acordo con Unidas Podemos e amósase disposto a unha coalición sen o secretario xeral de Podemos como ministro.
O socialista José Tomé, novo presidente da Deputación de Lugo cos votos a prol de PSdeG e BNG. O alcalde de Monforte encabezará un goberno de coalición que terá como vicepresidenta á nacionalista Maite Ferreiro. Consulta aquí o máis destacado do pleno
Morre unha persoa atropelada por un tren na contorna da estación de Lugo, "entre a Ponte da Chanca e o paso superior da N-640", segundo informa o 112. Emerxencias subliña que "os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa arrolada" polo tren.
A ganhadora no sorteio de uma vaga para os cursos aPorto organizado pela AGAL e Praza.gal é Diana Giráldez. Parabéns!
PSdeG e BNG asinan o pacto de goberno para a Deputación de Lugo, que se constitúe este xoves. José Tomé, alcalde de Monforte, presidirá a entidade provincial lucense e o BNG terá a Vicepresidencia. Tomé e a nacionalista Maite Ferreiro rubricaron o documento que, resaltan, recolle a "vontade cidadá" expresada na provincia de Lugo nas eleccións municipais. Podes consultar o pacto íntegro nesta ligazón.