A ganhadora no sorteio de uma vaga para os cursos aPorto organizado pela AGAL e Praza.gal é Diana Giráldez. Parabéns!
Fálase
PSdeG e BNG asinan o pacto de goberno para a Deputación de Lugo, que se constitúe este xoves. José Tomé, alcalde de Monforte, presidirá a entidade provincial lucense e o BNG terá a Vicepresidencia. Tomé e a nacionalista Maite Ferreiro rubricaron o documento que, resaltan, recolle a "vontade cidadá" expresada na provincia de Lugo nas eleccións municipais. Podes consultar o pacto íntegro nesta ligazón.
Desconvocada a folga nos PAC logo de sete meses de protestas. Sergas e sindicatos chegan a un acordo para pór fin ao paro que comezara o pasado mes de xaneiro tras aceptar Sanidade a maioría das reivindicacións do persoal. Consulta aquí toda a información
A cumbia feminista de Miss Bolivia chega este mércores ao Atardecer no Gaiás. Baixo ese nome a arxentina Paz Ferreyra fusiona ritmos de baile para darlle visibilidade a problemas sociais facendo fincapé nos da muller e co tema Paren de matarnos convertido en himno de colectivos feministas de latinoamérica.
O CNI escoitaba os móbiles dos autores do atentado da Rambla de Barcelona en 2017 cinco días antes do ataque, segundo informa o diario Público; segundo cuxa información o "cerebro" dos atentados exerceu como confidente dos servizos secretos do Estado
O Parlamento Europeo ratifica a elección da conservadora Ursula Von Der Leyen como presidenta da Comisión Europea. A ata agora ministra de Defensa de Alemaña obtivo 383 votos a prol, nove máis dos imprescindibles para a súa elección. (Imaxe: Parlamento Europeo)
A Comisión Interuniversitaria de Galicia publica as notas de corte das carreiras con límite de prazas do sistema universitario galego. O prazo de matrícula nestas titulacións comeza mañá e remata o venres. Na imaxe, probas da ABAU en Pontevedra (UVigo)
Carrusel, de Berta Dávila, gaña o XXXI Premio de Novela García Barros, convocado polo Concello da Estrada, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia.
📹VINTE FALANDO | En que fala a mocidade galega do 2019? Nesta peza documental en Vinte, mozas e mozos de diversos ámbitos relatan a súa relación co galego e ofrece a súa visión sobre o futuro da lingua. Podes velo íntegro nesta ligazón
Portugal inaugura a electrificación da liña ferroviaria entre Porto e Viana do Castelo e avanza cos traballos entre esa cidade e Tui, en cuxa ponte internacional xa se instalaron os postes para a catenaria. Nesta beira do Miño Adif tamén traballa xa na súa parte da electrificación e de mellora da seguridade da liña Vigo-Porto.