O CNI escoitaba os móbiles dos autores do atentado da Rambla de Barcelona en 2017 cinco días antes do ataque, segundo informa o diario Público; segundo cuxa información o "cerebro" dos atentados exerceu como confidente dos servizos secretos do Estado
Fálase
O Parlamento Europeo ratifica a elección da conservadora Ursula Von Der Leyen como presidenta da Comisión Europea. A ata agora ministra de Defensa de Alemaña obtivo 383 votos a prol, nove máis dos imprescindibles para a súa elección. (Imaxe: Parlamento Europeo)
A Comisión Interuniversitaria de Galicia publica as notas de corte das carreiras con límite de prazas do sistema universitario galego. O prazo de matrícula nestas titulacións comeza mañá e remata o venres. Na imaxe, probas da ABAU en Pontevedra (UVigo)
Carrusel, de Berta Dávila, gaña o XXXI Premio de Novela García Barros, convocado polo Concello da Estrada, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia.
📹VINTE FALANDO | En que fala a mocidade galega do 2019? Nesta peza documental en Vinte, mozas e mozos de diversos ámbitos relatan a súa relación co galego e ofrece a súa visión sobre o futuro da lingua. Podes velo íntegro nesta ligazón
Portugal inaugura a electrificación da liña ferroviaria entre Porto e Viana do Castelo e avanza cos traballos entre esa cidade e Tui, en cuxa ponte internacional xa se instalaron os postes para a catenaria. Nesta beira do Miño Adif tamén traballa xa na súa parte da electrificación e de mellora da seguridade da liña Vigo-Porto.
A alemá Ursula Von Der Leyen intervén esta mañá ante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo para procurar o apoio á súa candidatura á presidencia da Comisión Europea, acordada entre os Estados membros malia que a aínda ministra de Defensa de Alemaña non concorreu ás eleccións do pasado maio. A votación prevese contra as 18h. A sesión pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
HEMEROTECA | Tal día coma hoxe de 1936 comezaban en Madrid os actos de entrega do Estatuto galego ás autoridades da II República
O xulgado da Coruña que instrúe a causa do Pazo de Meirás aceptou a anotación preventiva da demanda no Rexistro da Propiedade, como solicitaba o Estado na súa petición de medidas cautelares para tentar evitar que os Franco vendan a propiedade. Así o vén de confirmar o TSXG.
Def con Dos actuarán no San Froilán de Lugo. A edil de Cultura do concello lucense, Maite Ferreiro, subliña que a inclusión da banda no programa amosa que estas festas "teñen que ser un espazo para a liberdade de expresión e para a diversidade" que, ao seu xuízo, contrasta co "retroceso de liberdades" que supuxo a recente suspensión dun concerto do mesmo grupo en Madrid. Os grupos municipais, agrega Ferreiro, recibiron xa o convite para faceren "achegas" á programación festiva.