Os líderes independentistas cataláns, condenados por sedición e malversación. A maior condena é para Oriol Junqueras, sentenciado a 13 anos de prisión. Estamos a actualizar a información neste espazo de Praza.gal e podes consultar aquí a sentenza íntegra.
Fálase
Acordo do goberno ecuatoriano co movemento indíxena para derrogar o decreto que orixinou as fortes protestas cidadás. O Executivo de Lenín Moreno elaborará outro texto que substitúa o coñecido como paquetazo, que incluía diversos recortes. (Imaxe: Unesco)
Dúas novas enquisas sitúan o PP como o partido que máis medrará nas xerais do 10N, roldando os 100 escanos mentres o PSOE se mantén como primeira forza nuns niveis semellantes aos actuais e Ciudadanos sofre un forte devalo. Así o auguran GAD3 para ABC e Sigma Dos para El Mundo, que tamén coinciden en situar a Unidas Podemos á baixa e en augurar que Vox pode aspirar á terceira praza.
Mobilización en Carballo contra tres proxectos eólicos que se desenvolverán moi preto núcleos de poboación e dentro da Área Especial de Protección da Lagoa de Alcaián. A Plataforma NON Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural di estar a favor da eólica "pero non deste xeito". Foto: Anova
Primeiras protestas en Catalunya ante a inminente sentenza do xuízo do procés. Os mossos desaloxan varios activistas na estación de Sants de Barcelona; outros manifestantes cortan rúas na capital catalá. As filtracións do ditame, previsto para este luns, apuntan a condenas por sedición de ata 15 anos. Foto: @SPxInd
O Deportivo feminino continúa líder da Primeira División feminina tras golear o Rayo Vallecano (3-0). O equipo galego mantense invicto malia debutar esta temporada na elite.
Hoxe hai aviso amarelo por chuvias intensas nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra. A primeira borrasca de outono deixouse sentir xa durante a madrugada con importantes precipitacións.
O BNG presenta a súa campaña cara ao 10N, baixo o lema "Facer valer Galiza. Con voz propia". A formación nacionalista cre que "os galegos tomaron boa nota do que significa a invisibilidade de Galiza e as consecuencias que ten".
O Supremo condenará os líderes do procés por sedición e malversación e a maior condena será para Oriol Junqueras, que sería condenado a case 15 anos de cadea, segundo adianta a Cadena SER.
A Xunta proxecta imaxes de dúas grandes bandeiras de España na fachada do complexo de San Caetano. O Goberno galego especifica que o fai "con motivo da celebración do Día da Festa Nacional de España". Este sistema de iluminación foi estreado pola Xunta na noite do pasado 24 de xullo, cando proxectou o escudo galego na véspera do Día Nacional de Galicia, aínda que sen utilizar esta denominación oficial.