O salario medio dos conselleiros do IBEX acada os 644.000 euros ao ano (un 1,25% máis), e o dos conselleiros executivos sitúase nos 2,2 millóns (un 3,4% máis), fronte á caída do salario medio rexistrada en 2016 (-0,8%) para o conxunto da poboación española
Fálase
Persoal da administración de Xustiza en Galicia concentrouse este xoves diante dos seus centros de traballo contra "a discriminación laboral" e "falta absoluta de negociación" por parte da Xunta. As concentracións preceden á folga convocada para os días 1 e 13 de decembro.
En marcha as manifestacións e concentracións da folga estudantil contra a LOMCE e por unha lei galega de educación, impulsada por Erguer. O máis destacado, esta tarde en Praza. (Imaxe da CIG-Ensino).
VÍDEO | A prestixiosa xornalista e reporteira Rosa María Calaf súmase á campaña de apoio a Cuac FM polo mantemento das súas emisións tamén en analóxico, pechadas tras ameazar a Xunta cunha multa de ata 200.000 euros. O vídeo é parte da campaña #CuacResiste
Jordi Sànchez, presidente da ANC, será o número 2 da lista electoral de Puigdemont. Sánchez está encarcerado por orde da xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela dende o pasado 16 de outubro. Cóntao Catalunya Plural.
Pachi Vázquez competirá pola secretaría provincial do PSdeG de Ourense. O ex líder do partido en Galicia fará oficial a súa precandidatura esta mañá nunha rolda de prensa. Vázquez liderou o PSdeG dende 2009 ata 2013 e deixou o Parlamento en 2015 ao ser investigado por contratos da súa etapa como alcalde do Carballiño.
ERC explora as posibilidades dun futuro Govern de esquerdas e Marta Rovira perfílase como candidata á presidencia catalá. Cóntao Catalunya Plural
O Tribunal Superior avala o decreto de vivendas turísticas da Xunta ante un recurso da asociación de propietarios. Porén, o Goberno galego tamén está pendente doutro recurso xudicial aínda non resolto presentado hai dous meses pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
En Marea pregunta no Congreso polo risco de descarrilamento que sufriu este verán un Alvia Madrid-Galicia. A deputada Alexandra Fernández inquire a Fomento se ademais do incidente do 12 de agosto na estación de Puebla de Sanabria se produciron situacións similares noutros trens.
Volve desaparecer o busto de Manuel Fraga da alameda de Vilalba. A figura sufriu diversos ataques nos últimos anos e noutra ocasión xa aparecera no río da vila.