Pachi Vázquez competirá pola secretaría provincial do PSdeG de Ourense. O ex líder do partido en Galicia fará oficial a súa precandidatura esta mañá nunha rolda de prensa. Vázquez liderou o PSdeG dende 2009 ata 2013 e deixou o Parlamento en 2015 ao ser investigado por contratos da súa etapa como alcalde do Carballiño.
Fálase
ERC explora as posibilidades dun futuro Govern de esquerdas e Marta Rovira perfílase como candidata á presidencia catalá. Cóntao Catalunya Plural
O Tribunal Superior avala o decreto de vivendas turísticas da Xunta ante un recurso da asociación de propietarios. Porén, o Goberno galego tamén está pendente doutro recurso xudicial aínda non resolto presentado hai dous meses pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
En Marea pregunta no Congreso polo risco de descarrilamento que sufriu este verán un Alvia Madrid-Galicia. A deputada Alexandra Fernández inquire a Fomento se ademais do incidente do 12 de agosto na estación de Puebla de Sanabria se produciron situacións similares noutros trens.
Volve desaparecer o busto de Manuel Fraga da alameda de Vilalba. A figura sufriu diversos ataques nos últimos anos e noutra ocasión xa aparecera no río da vila.
ÚLTIMA HORA | A Audiencia fixa unha indemnización de 1.573 millóns para o Estado polos danos do Prestige. A sala acorda o abono de 61 millóns a Francia e de 1,8 á Xunta polos gastos de reciclaxe do fuel. Consulta aquí toda a información
A Xustiza confirma o procesamento do PP pola destrución dos ordenadores de Bárcenas. A Audiencia de Madrid desestima os recursos formulados pola Fiscalía e polos acusados e segue adiante co caso, no que o partido está procesado como persoa xurídica, así como a súa tesoureira, un avogado e un informático.
O director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo, remata o seu contrato e despídese do persoal do museo, cuxo futuro está en debate. O Concello de Vigo convocou unha reunión do padroado e critica o desinterese de Xunta e Goberno central.
Morre un veciño do Porriño nun ataque masivo de avespas velutinas. Foi atacado mentres cortaba unha árbore.
A Igrexa utilizou a lei Aznar para poñer ao seu nome polo menos 30 catedrais que pertencían ao Estado. Os bispos inmatricularon, sen case custo, milleiros de inmobles grazas á reforma da lei hipotecaria do Goberno central de 1998.